125 anos de presenza mercedaria en Sarria

Con motivo de cumprirse 125 anos de presenza mercedaria en Sarria, o luns 2 de agosto ao oito da tarde celébrase unha Misa de Acción de Grazas na igrexa do Mosteiro da Madalena.

HISTORIA

O bispo Benito Murúa dirixiuse á Santa Sé informando de que en Sarria existía, ruinoso, o antigo Mosteiro dos Agostiños, usurpado en 1835 polo Estado, que foi entregado á Municipalidade para ser usado como cárcere desde 1840.
O oito de xullo de 1896, a Santa Sé autorizaba que o Bispo Benito Murúa entregase o Mosteiro aos Mercedarios.
Sobre o que supuxo o establecemento dos Mercedarios, comenta Amador López Valcárcel:
“Do apostolado do ensino en Sarria por parte dos Mercedarios creo non cabe dúbida algunha.
“Evidentemente un noviciado relixioso nun pobo como Sarria era un beneficio docente para os comarcanos, xa que a estes establecementos sempre acudiron raparigos que na súa maior parte non chegan á profesión relixiosa ou ao sacerdocio. É un labor benéfico que non todos queren recoñecerlle á Igrexa.
“Pero, ademais do Noviciado relixioso, e seguramente participando dos ensinos que se impartían no mesmo, o Bispo autorizou desde o comezo do curso escolar 1901-1902 que funcionase en tal establecemento unha das chamadas Preceptorías, que viñan ser como seccións filiais do Seminario Diocesano nas que podían cursarse os primeiros anos de Humanidades”. (Episcopologio lucense, páx. 601)

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: