Visita pastoral á parroquia de San Pedro de Lugo

A visita pastoral de Mons. Alfonso Carrasco terá lugar do 15 ao 21 de xaneiro. O primeiro día ás 12:30 horas recibirase ao Bispo e celebrarase a Misa Estacional na parroquia.

O luns e o martes visitará os centros de ensino; o mércores, enfermos, nenos, mozos e pais; o xoves, dependencias parroquiais e sacerdotes. O venres terá un encontro cos membros da Terceira Orde Franciscana e unha celebración eucaristica ás 6 da tarde na capela da Soidade. Finaliza a visita pastoral o sábado 21 pola tarde cun encontro cos grupos parroquiais de San Pedro.

A parroquia de San Antonio, de Lugo, clausura o seu cincuentenario

O venres día 6 celebrouse unha Misa solemne, coa actuación do Coro de San Antonio. Inaugurouse o panel “Xuntos facemos parroquia” donde se recolle a historia da parroquia e houbo unha conferencia de Francisco Castro Miramontes: “Antonio de Padua home de Deus”
O sábado día 7 celebrouse o concerto “Xuntos facemos parroquia” con intervencións do grupo folk
Sons da eira (Ourense) e o conxunto de música clásica Ethos (Lugo). Tamén se pasou unha proxección sobre a vida da parroquia nestes 50 anos. Foi un pequeno homenaxe a todas as persoas que contribuíron coas súas capacidades e compromiso a erguer esta comunidade. Especialmente tívose un recoñecemento para Don Gonzalo o párroco fundador.
O domingo día 8, o Bispo de Lugo presidiu unha Misa solemne e a continuación houbo un xantar de irmandade dos fregueses.

A %d blogueros les gusta esto: