Peregrinación a Loyola e Lourdes

A parroquia Santiago A Nova, de Lugo organiza unha peregrinación parroquial a Loyola e Lourdes do 17 ao 20 de maio.

DIA 17: Viaxe até Loiola, comida e aloxamento no Hotel Arrupe, e pola tarde visita guiada ao Santuario.

DIA 18: Pola mañá visita a Oñate, Ntro. Sra. de Aranzazu e Olatz. Pola tarde, visita guiada a S. Sebastián.

DIA 19: Saída cara a Lourdes, onde se participará nos actos do Santuario.

DIA 20: Regreso a Lugo, despois de participar na Misa Internacional en Lourdes.

Peregrinación a Fátima

A Delegación Diocesana de Apostolado Mundial de Fátima organiza unha peregrinación ao santuario portugués a partir do día 18 de maio. A saída será ás 7 da mañá. da Mosqueira, praza Comandante Manso. O regreso faise o domingo 20 de maio, chegando a Lugo pola medianoite. Información: Capela de San Roque. (de sete e media a oito da tarde) Prezo (Pensión completa): 122 € A reserva será por estricta orde de inscrición.

Eucaristía en honor a San Pascual Bailón

O 17 de maio celébrase no altar do Bo Xesús da Catedral, ás seis da tarde, unha Eucaristia para honrar a San Pascual Bailón. É o patrón da Adoración Nocturna Española, a Adoración Nocturna Feminina Española e de todas as asociacións eucarísticas.

O Consello Diocesano da Adoración Nocturna Española roga a todos os adoradores asistan a esta Eucaristía, e convida a participar na mesma, a membros de Adoración Nocturna Feminina Española, Confraría Sacramental, Marías dos Sagrarios, Apostolado da Oración e devotos do Santísimo Sacramento.

Celebración de San Eufrasio no Incio

Unha das festas de máis arraigo no Incio é a que se fai en memoria de san Eufrasio.

Os seis barrios da parroquia de Val do Mao túrnanse para garantir a continuidade da celebración. Este ano correspóndelle aos veciños do Souto.

O martes 15 de maio oficíanse misas na igrexa da parroquia a partir das nove da mañá. A misa maior será á unha e media e estará presidirá por José Antonio Ferreiro Varela, Delegado de Liturxia. Concelebrarán con el, José Lebón Sánchez e Julio Fernández Doval.

O mércores 16 ofíciase unha misa á unha e media da tarde.

Durante a semana, a igrexa de Val do Mao acolleu unha novena, durante a cal, os asistentes cantan o himno adicado a san Eufrasio e bican a caixa na que están as súas reliquias.

II Xornada interdiocesana de Radio María Galicia

O día 5 de maio, celebrouse a II Xornada Interdiocesana de Radio María Galicia no Seminario Diocesano de Lugo. No transcurso da mesma, e trala presentación e exposición de grupos, houbo diversos talleres de formación -transmisións, gravación, difusión e liturxia-, unha Eucaristía, e visita guiada á Catedral. Na foto, voluntarios de Radio María Galicia.

Ao final da Xornada, celebrouse no salón de actos do Seminario un concurrido encontro cos oíntes. Proxectouse unha curtametraxe promocional dun dos programas de Radio María “Hai moita xente boa”. O director desta curtametraxe é Antonio Cuadri. O P. Esteban Munilla, director da emisora, falou sobre os proxectos de futuro en Galicia.

A %d blogueros les gusta esto: