Retiro de Advento para laicos

O sábado 15 ten lugar un retiro de Advento dentro do actual Ano da fe, para todos os laicos da Diocese interesados en participar. Será no Seminario entre as 10 da mañá e as dúas da tarde. E estará impartido polo párroco de San Francisco Xavier, Xesús Fernández Aira, baixo o título “Miramos e contemplamos un rostro. Como orar neste convulso Nadal”

Encontro de Nadal do profesorado de relixión

O sábado, 15 de decembro, os profesores de relixión da Diocese reúnense no Gran Hotel de Lugo para manter o encontro de Nadal. Comeza ás 10.30 h e termina tras a comida.

Faise unha homenaxe aos profesores xubilados o curso pasado.

Ademais os profesores de relixión farán unha visita á Catedral con motivo da presentación dunha unidade didáctica para os alumnos desta materia que versará sobre a fe e a arte neste templo.

Publicación do señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco, sobre o Ano da fe

Alfonso Carrasco Rouco

O Bispo de lugo, D. Alfonso Carrasco Rouco vén de publicar un escrito titulado O Ano da fe, unha renovación de vida. Nel vai expoñendo algunhas características da fe e do que supón celebrar o Ano da fe. Tamén fai ver o señor Bispo a necesidade de coidar o sacramento da confesión, que “é una forma sinxela de promover a vivencia da fe e a evanxelización, que sempre é facilitada polo encontro persoal”.

Ademais da peregrinación diocesana a Roma hai iniciativas concretas da Diocese lucense, como peregrinacións por arciprestados á Catedral, sesións para reflexionar sobre o Credo apostólico e haberá un día de celebración festiva de varias parroquias conxuntamente, en distintas zonas da Diocese, para “recoñecer, compartir e dar grazas polo tesouro da propia fe”.

Finalmente, Monseñor Alfonso Carrasco encomenda as tarefas deste Ano e a nosa fe á protección da Santa Virxe María. 

A %d blogueros les gusta esto: