Xornada de comezo do curso catequético

Xuntanza de Catequese

Imaxe de arquivo dunha reunión de José Pérez Barreiro cos catequistas no Seminario

O 18 de outubro o Seminario acolle a xornada de inicio do curso 2013/4 na catequese. Ás 18:30 será o acto de acollida-oración e ás 19h preséntanse o curso catequético e o documento que este ano presentou a Conferencia Episcopal baixo o título “Orientaciones pastorales para la coordinación de la familia, de la parroquia y la escuela en la transmisión de la fe”. Neste a Delegación de Catequese  impusará a comunicación telemática entre catequistas.

Inicio do curso pastoral

O día 18 ás 20 h será a inauguración oficial do curso pastoral 2013 / 2014 cunha Eucaristía na Catedral presidida polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

É un acto aberto a segrares, sacerdotes, comunidades relixiosas, educadores cristiáns, para que todos se unan tanto na celebración eucarística como no posterior xesto de envío.

Daniel García García, novo párroco de San Lorenzo de Albeiros

O 16 de outubro é nomeado oficialmente Daniel García García párroco de San Lorenzo de Albeiros (Lugo).

Até agora os encargados eran Luis Soto Camino e José Seoane Álvarez, que seguirán residindo e colaborando na parroquia. Polo traballo apostólico realizado durante tantos anos, a Diocese de Lugo exprésalles o seu máis sincero agradecemento a Luis Soto e a José Seoane, moi apreciados e queridos polos fregueses.

A toma de posesión do novo párroco será o domingo, día 27 de outubro, ás 12.30 h.

Visita dunha imaxe da Virxe de Fátima a Lugo e Monforte

Procesión en las  Carmelitas

Momento da procesión nas Carmelitas o día 15 de outubro

Do 14 ao 18 de outubro visita Lugo e Monforte unha imaxe da Virxe de Fátima custodiada na sé madrileña do Apostolado Mundial de Fátima. O programa de actos é o seguinte:

  • Día 14 de outubro, ás 6 da tarde: rosario e misa solemne no convento das Carmelitas presidida polo Presidente Nacional do Apostolado Mundial de Fátima en España, D. Carlos Lumbreras.

  • Día 15 de outubro, ás 5 da tarde, no convento das Carmelitas Descalzas: Rosario en procesión coa imaxe da Virxe. Ás 6, Vésperas solemnes e Eucaristía, presidida polo Vigairo Xeral, Mario Vázquez Carballo.

  • Día 16 de outubro, ás 11:00 horas, Rosario e Eucaristía na igrexa das Madres Agostiñas da Praza de Santo Domingo.

    Ás 5 da tarde, no Asilo de Monforte de Lemos.

  • Día 17 de outubro, ás 12.00 horas rosario e Eucaristía no mosteiro das Salesas

    Ás 5 da tarde, acto multitudinario na praza de Santa María: rosario, meditado, animado polo Orfeón Lucense. A continuación Eucaristía na catedral presidida polo señor Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco.

  • Día 18 de outubro, ás 12.00 horas rosario e Eucaristía na igrexa de San Pedro. A continuación despedida da Imaxe Peregrina na praza da Soidade.

A %d blogueros les gusta esto: