Celebración de San Antón Abade

Algúns actos:

  • San Clodio Ribas de Sil. A misa do día 17 na Capela de San Antón, Cubela, será ás 13:00. Participarán na romaría os gaiteiros: Bico da Balouta (Agolada) e o Recanto (Quiroga). Desde 1998 volve a celebrarse a Romería de San Antón, cando os veciños de Torbeo van ata a aldea de Cubela.

  • Lugo: Capela da Soidade, día 17 ás 17h, Misa e posteriormente imponse “o santo” e faise a bendición de animais.

  • Quiroga: No adro da igrexa do Hospital o día 18 ás 12:45 será a bendición de animais e a continuación, Eucaristía.

Carta de Ana, misioneira en Bolivia

O sete para os cristiáns é un número importante, polo simbolismo que encerra. Para min hoxe é o número de anos que cumpro en misión e invítame a facer unha revisión persoal.

Que pasou comigo neste tempo?

Coñecín, e sigo coñecendo unha cultura complexa e marabillosa, unha cultura que non che grita as cousas á cara, pero vaiche ensinando a ler a vida, no silencio, nos xestos… unha cultura que entende a amizade dun xeito distinto, pero se un se deixa sorprender descobre unha nova dimensión desta, e axúdache a ver cunhas novas lentes as relacións humanas. Unha cultura que vive o presente, porque non sabe se hai mañá. Unha cultura que sofre, e festexa a vida.

Coñecín o significado de grandes palabras na miña vida, que cría coñecer, pero realmente non era así. O seu significado profundo, tocou a miña alma, e cambioume como persoa.

Cría saber o que era a liberdade. Os privados de liberdade ensináronme a descubrir o seu valor e significado máis profundo -que ás veces as peores ataduras, non son as reixas, ou o encerro- senón os golpes da vida, que marcan a túa existencia.

Ler máis

Miguel Ángel Álvarez: A Evangelii gaudium vai dar moito que falar

O pasado 24 de novembro o Papa Francisco publicaba a exhortación apostólica Evangelii gaudium, a alegría do Evanxeo, documento que imos comentar.

Nas primeiras liñas da exhortación, o Papa dinos cal é o obxectivo da mesma: convidar os cristiáns a unha nova etapa envaxelizadora marcada pola alegría e indicar camiños para a marcha da Igrexa nos próximos anos.

Trátase, por tanto, dun texto que, despois de lelo, non deberiamos gardalo nun andel para sempre, senón que teremos que usalo con frecuencia durante os próximos anos, se é que nos tomamos en serio a nova evanxelización.

Xa estamos un pouco afeitos ao novo estilo e linguaxe deste Papa. Na Evangelii gaudium, Francisco recolle os ensinos dos seus predecesores, sobre todo de Benedito XVI, e ponnos as pilas, en todos os sentidos desta expresión, para saír ao mundo a comunicar a alegría do Evanxeo.

Ler máis

Exercicios espirituais para sacerdotes

Santiago Bohiges

A partir do día 12 e ata o 17 de xaneiro, terán lugar uns exercicios espirituais para sacerdotes.

O encargado de impartilos é o Rvdo. D. Santiago Bohigues Fernández, sacerdote da Arquidiocese de Valencia e Director do Secretariado da Comisión Episcopal do Clero.

É autor do libro titulado El corazón humano de Cristo. Líneas fundamentales del pensamiento del P. Luis M. Mendizábal, s.j. Editorial Monte Carmelo, Burgos 2009

A %d blogueros les gusta esto: