Clausura das Xornadas Abertas de Teoloxía

As XXXII Xornadas Abertas de Teoloxía foron clausuradas por Francisco Romo e Alfonso Calavia, do Colexio San Ignacio de Torrelodones (Madrid)

Para Francisco Romo, o valor da educación consiste na arte de manter as preguntas fundamentais ao longo de toda a vida. Para iso cómpre unha relación. A maior dor dun educador é non espertar no alumno o interese, o desexo, a necesidade de relación coa vida, coa realidade, co ser. Abondaría con que polo menos o alumno descubrise o interese do profesor, porque  ese é o primeiro lugar para que no alumnado esperte a curiosidade.

Tamén indicou Francisco Romo que “o significado da escola é ser un lugar de encontro entre persoas e o coñecemento entón non é unha mudanza dunha cabeza a outra, dun libro a unha cabeza. Non é unha preparación para o mercado”.

Alfonso Calavia contou a súa experiencia nas aulas: “Empecei a avaliar a preguntas. Cando un aproxímase seriamente a unha materia faise as preguntas últimas. Despois de ler uns capítulos do Quijote alumnos de 15 anos pregúntanse: como unha persoa pode facer xustiza a outra persoa? hai algo fóra de min que faga que o meu corazón se alegre? podemos ser felices? […] Iso é o que mide cando un está facendo un bo camiño educativo, se nas clases poden formularse estas preguntas aínda que non haxa unha resposta inmediata”.

A %d blogueros les gusta esto: