Concertos solidarios

Concerto solidario de Mans Unidas

O domingo 6 de maio o Círculo das Artes de Lugo acolle o Concerto Solidario que organiza Mans Unidas. A partir das 20h actuarán:

– Escola Municipal de Música de Lugo, dirixida por Carlos Méndez Castro

– Nacho Samena, mago

– Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera

Gala Solidaria en Melide

A Gala Solidaria será no Palacio de Congresos e Exposicións o venres 4 de maio e dende ás 16h haberá persoal para a recollida de alimentos

A Asociación da Hostalería Melide Móvese organiza por quinto ano consecutivo unha nova edición da Gala Solidaria na vila. No acto de presentación no Salón de Plenos do Concello de Melide estiveron presentes membros de Cáritas Parroquial de Melide, Dolores Rodríguez e Amparo Taboada.

O Combo Dominicano será a orquestra encargada de presentar a súa xira 2018 con moitas sorpresas xunto coa orquestra Garibaldi.

Dende Cáritas Parroquial din sentirse orgullosos de que en Melide se poñan en marcha iniciativas deste tipo, non só agora coa gala solidaria senón que son moitas as accións que se levan ao longo do ano para axudar a facerlles máis fácil a vida aos máis necesitados. “todos os alimentos serán aceptados, pero é preferible que sexan alimentos non perecedoiros como aceite, pasta, arroz ou azucre. Tamén se necesita leite ou alimentación infantil xa que nos últimos tempos é moi necesario para as familias de Melide e supón un gasto importante para as persoas con poucos recursos”.

O ano pasado, esta Gala Solidaria en Melide foi quen de recaudar 13 toneladas de alimentos e de reunir a máis de 3.000 persoas.

Festa do comezo do Mes de María no Corpiño

O martes 1 de maio, tiña lugar a Festa do comezo do Mes de María e o Xubileu dos oficios e traballos artesanais.

O aumento de devotos foi considerable ao longo de todo o día, chegando ata desde a Parroquia de San Esteban Protomártir-Fuenlabrada (Diocese de Getafe) un grupo de 50 fregueses; sobresaíndo o número de asistentes na Misa Solemne das 12:00 h sendo presidida por Nicolás Susena Presas, sacerdote da Diocese de Lugo, ordenado 15 días atrás.

O próximo xubileu que se levarán a cabo no Santuario será o domingo 6 de maio: Xubileu das Nais.

[Álbum de fotos da Festa do 1 de maio]

Cincuentenario do Colexio A Merced de Sarria

3 de maio: A Orquestra do Conservatorio dá un concerto ás 12h no salón de actos do Conservatorio

Inauguración ás 18h no claustro do Convento da Mercé da exposición conmemorativa “50 años educando en Merced”.

4 de maio ás 20h no salón de actos do Colexio, charla-coloquio “50 anos educando co corazón”, na que intervirán padres mercedarios, profesores, pais de alumnos e exalumnos.

5 de maio 

Xornada de portas abertas para antigos alumnos, que terán ese mesmo día unha cea de confraternización no Hotel Alfonso XI.

Carreira conmemorativa “50 aniversario: A Merced- As Aceas” ás 5 da tarde e contará con probas para pequenos, andaina (7 km) e carreira absoluta (10 km). Poderán participar todos aqueles interesados, independentemente que teñan ou non vinculación co centro. Cóntamse coa colaboración do Concello de Sarria, Cruz vermella, DGHTeam, Policía Local, Protección Civil.

6 de maio ás 13h Misa Familiar en honra a San Pedro Nolasco

7 de maio: Xogos deportivos e representación teatral

Peregrinacións a Fátima

Entre os días 4 e 6 de maio a Parroquia de San Pedro (Lugo) organiza unha peregrinación ao santuario de Fátima. Visitaranse as casas dos pastorinhos, Ajustrel e Tola do Cabeço (aparicións do Anxo), Valinhos (aparición da Virxe de Agosto), Cova de Eiria (aparicións da Virxe) e Basílica da Santísima Trinidad.

Durante os 3 días de peregrinación participarase en actos como o rosario de Fachos, Misa na Capela do Anxo da Paz, Misa internacional no santuario e Vía Crucis.

Pola súa banda, Apostolado de Fátima organiza unha peregrinación ao santuario portugués os días 25, 26 e 27 de maio.

O sábado faranse actos relixiosos, o domingo asistencia a Misa Internacional, e despois de comer en Fátima regreso a Lugo.

Propóñense distintas actividades de carácter opcional e voluntario para cada persoa: procesión de antorchas, visitas á Basílica, museos… O aloxamento será no Hotel Coroa de Fátima.

Para máis información: teléfonos 982 81 29 10 / 698 13 58 60

A %d blogueros les gusta esto: