Aniversario de renovación da Indulxencia na Catedral de Lugo

O 13 de novembro na Catedral conmemorouse que había un ano se renovara a concesión da Indulxencia plenaria cotiá e perpetua. O primeiro acto foi un relatorio do Delegado Episcopal de Santuarios e Peregrinacións José Criado, que falou da “Indulxencia, experiencia de reconciliación”. Para explicalo puxo o exemplo dunha persoa a que lle trasplantan un corazón: o novo órgano salva a vida do paciente (o equivalente sería o perdón do pecado no sacramento da reconciliación). Pero trala operación cirúrxica, hai que pasar por un período de observación, coidados… ata chegar á recuperación total. Pois ben, cando a persoa peca hai unha pena temporal pero grazas á indulxencia lógrase a plena purificación. É como se o paciente trasplantado se librase de pasar polo período postoperatorio.

Tras o relatorio, houbo adoración ao Santísimo, e a continuación a Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco. Na súa homilía expresou o seu desexo de que o privilexio da Indulxencia axude aos diocesano e aos visitantes a confiar máis no Señor.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: