Asinado un convenio entre a Fundación Catedral de Lugo e Abanca

Convenio Fundación Catedral - Abanca

A Fundación Catedral de Lugo e Abanca chegaron a un acordo polo que a entidade financeira participará por un ano no plan de mecenado que a devandita Fundación puxo en marcha para financiar accións de mantemento, conservación e promoción da Catedral de Lugo.

O acordo foi asinado o día 11 de novembro por Walter Álvarez, director territorial de Abanca en Lugo, e por Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo e presidente da Fundación Catedral de Lugo, en presenza do deán da Catedral, Mario Vázquez.

A entidade financeira pretende colaborar con entidades, organismos e axentes sociais do tecido cultural e empresarial de Galicia na promoción, difusión e apoio ao coñecemento, á investigación, á cultura e á arte nos seus diferentes facetas.

Logo Fundación Catedral

A Fundación Catedral de Lugo, declarada de interese cultural pola Xunta de Galicia, púxose en marcha en 2011 a partir do inicio das obras de rehabilitación da basílica lucense. Entre os seus obxectivos destacan a promoción, divulgación, conservación e fomento dos valores culturais, históricos, relixiosos e patrimoniais da basílica. O ente promove tamén a investigación dos aspectos culturais, históricos e sociais vinculados á Catedral.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: