Actividades de membros do Voluntariado Penitenciario

Os membros do Voluntariado Penitenciario Lucense “Jesús Redondo Candal” están levando a cabo varias actividades nesta semana na que se celebra a Mercé

Na igrexa de San Antonio de Padua

Exposición e venda de pezas de artesanía elaboradas por reclusos de Bonxe e Monterroso na igrexa de San Antonio, en Lugo. A finalidade é mostrar o traballo dos reclusos e recadar fondos para manter a Casa de Acollida a presos (foto da esquerda).

O venres 23 pode visitarse a exposición de 19 a 21 horas. O sábado 24 pola mañá, de 12 a 13:45; pola tarde, de 19:30 a 21 horas. E o domingo, de 9:30 a 13 e de 19 a 21 horas.

Os obxectos expostos teñen detrás moitas horas de traballo en equipo, esforzo e superación persoal por parte dos presos e presas.

No penal de Bonxe

Con motivo da Mercé, teñen lugar no cárcere de Bonxe varias  charlas . O luns, o sacerdotes D. José Río Ramilo falou das reliquias do Apóstolo. O martes, María José Domínguez Arias tamén se dirixiu aos presos e presas no salón de actos da prisión para comunicar a súa experiencia na peregrinación a Santiago polo Camiño Primitivo, xunto con algúns dos internos e funcionarios. O día seguinte, outro membro do Voluntariado impartiu unha charla sobre o culto ao Apóstolo e a peregrinación medieval, baseándose no Códice Calixtino.

Apertura do curso no Seminario

O día 23 de setembro ás 5 da tarde, na Capela Maior do Seminario, terá lugar a solemne apertura do curso académico. À hora citada, D. Alfonso Carrasco Rouco presidirá a Misa do Espírito Santo.

Ás 6 da tarde, na Aula Magna, haberá os seguintes actos:

Interpretación do “Veni Creator Spiritus”

Lectura da Memoria do Curso 2010-2011

Lección inaugural “O matrimonio a debate” a cargo de D. Emilio Díaz Campo.

Segundo D. Emilio, o matrimonio xa era un tema a debate en épocas anteriores a Cristo, como se deduce de San Mateo, 19. Catro séculos despois, continúa o debate, pois para o mesmo san Agostiño “é materia escurísima e complicadísima”. Xa máis na actualidade, Julián Marías e Alejandro Rojas Marcos tratan o tema, entre outros. A convivencia baséase na concordia, e para os erros cometidos hai remedio. Tamén é certo que o egoísmo e a falta de principios relixiosos non axudan a que a institución matrimonial vaia como debería.

Celebración das vodas de ouro da Adoración Nocturna Feminina

Con motivo de cumprir os 50 anos de existencia, a Adoración Nocturna Feminina de Lugo, programa os seguintes actos na Catedral e no Seminario:

TRIDUO EUCARÍSTICO

Mércores día 21.- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida por D. Alfonso Vilariño Blanco, Director Espiritual Diocesano da A. N. F.E.

Xoves día 22:- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida polo Sr. Bispo da Diocese

Venres día 23.- Ás 19 h: Hora Santa

Ás 20 h: Santa Misa presidida polo Sr. D. Luciano Armas

CHARLA

Sábado día 24.- Ás 18.30 h: Charla – coloquio da Presidenta Nacional no Salón de Actos do Seminario.

GRAN VIXILIA DE ACCIÓN DE GRAZAS

Sábado día 24.- Ás 21 horas: Solemne Vixilia Conmemorativa presidida polo Sr. Bispo da Diocese, Monseñor Carrasco Rouco. Actuará o Orfeón Lucense

 

Viaxe – peregrinación diocesana de Lugo a Fátima

A Hospitalidade de Lourdes de Lugo, dentro dos actos de conmemoración das súas vodas de prata, organiza unha viaxe – peregrinación ao santuario de Fátima entre os días 16 e 19.

Día 16

18:00 h.: Visita á nova Basílica subterránea.

19:15 h.: Misa na Capelinha, presidida por Lugo.

Día 17

6:30 h.: Misa na Basílica, presidida por Lugo. Despois do almorzo, visítase Lisboa; Belén; Estoril; Cascais; Sintra.

21:30 h.: Participación na procesión dos “Fachos”, con actuación de Lugo.

Día 18

11:00: Participación na Misa Internacional, con actuación de Lugo. Excursión a Batalha (Sta. Mª da Vitoria); Alcobaça; Nazaré; Leiría.

21:30 h.: Posibilidade de participar na procesión dos “Fachos”.

Día 19

6:00 h.: Misa na Capelinha.

7:00 h.: Saída para Coimbra: visita á cidade e Universidade. Visita breve da cidade de Porto, o Bom Jesús e o gran santuario de Sameiro, onde terá lugar unha celebración.

Nesta viaxe-peregrinación participan a Xunta Directiva da Hospitalidade de Lourdes, responsables de zonas e da Hospitalidade, socios peregrinos. Hai dous autobuses: 100 persoas.

Non é unha viaxe de turismo nin unha excursión relixiosa calquera. É unha peregrinación, é dicir un itinerario espiritual, no que as paisaxes, o santuario, convídannos a viaxar ao noso interior, para atoparnos connosco mesmos, cos irmáns compañeiros de viaxe e con Deus.

No local da rúa Ourense, nº. 27, baixo, Venancio é a persoa encargada de entregar os vídeos ou DVD da Peregrinación a Lourdes; e / ou das Vodas de Prata. Así como o agasallo, aos socios que non participaron na Peregrinación a Lourdes deste ano.

A %d blogueros les gusta esto: