Celebración en honra da Virxe da Saúde

Adai bicando a imaxe da Virxe 2015

No santuario de Santa María Magdalena de Adai comezou o día 17 un triduo en honra da Virxe da Saúde.
Xoves día 17: Presidiu Daniel García García, Párroco de Albeiros e Cóengo da Catedral de Lugo.
Venres día 18: Presidiu José Antonio Ferreiro Varela, Párroco da Milagrosa e Delegado Diocesano de Liturxia.
Sábado 19: Presidiu Alberte Leiva Torreiro, Párroco de San Antonio de Padua e Profesor.
O día 20 houbo misas desde as nove da mañá e ás 13 horas foi a Misa Solemne, presidida por José Antonio Ferreiro Varela. Logo da Misa, bendicíronse chaves (de casa, negocios, coches), tivo lugar a procesión e deuse a bicar a imaxe da Virxe (foto superior). 

Peregrinación a Fátima

Grupo de peregrinos a Fátima

Un total de 106 persoas de diversos puntos da Diocese lucense participaron na V peregrinación diocesana a Fátima entre os días 11 e 14 de setembro. Os peregrinos participantes foron: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade diocesana.

VENRES DÍA 11:

  • 16:30 h: Visita á nova Basílica Subterránea e Celebración Comunitaria da Penitencia, na mesma (Capela da Resurreição).

  • 19:15 h: Misa na Capela da Resurrección de Xesús (Basílica da Santísima Trinidade), presidida por Lugo.

  • 21:30 h: Rosario e Procesión dos Fachos.

SÁBADO DÍA 12:

  • Pola mañá e pola tarde visitáronse de Lisboa e Estoril. Celebrouse unha Misa ás 15 h no Santuario de San Antonio de Padua (de Lisboa).

  • 21:30 horas: Rosario e Procesión dos Fachos, con actuación de Lugo.

DOMINGO DÍA 13:

  • 8 h: Via Crucis polo Caminho dos Pastorinhos.

  • 10 h: Rosario na Capelinha.

  • 11 h: Participación na Misa Internacional, con actuación de Lugo.

LUNS DÍA 14:

  • 8 h:  visita  de Coimbra.

  • Visita a todo o conxunto de Bom Jesus. Pola tarde, visita ao gran Santuario de Sameiro, onde ás 17 h, celebrouse a Misa de Despedida.

“Queremos permanecer en Siria”

Gregorios-III-in-Cassano-Magnago-Italy

Convén coñecer o que din os que aínda están en Siria. Son interesantes as declaracións do bispo Gregrorio III: “invocamos xunto co Santo Padre, a chama da esperanza, para que non se extinga nos nosos corazóns. Axudados e sostidos polas oracións do Papa e as súas iniciativas proféticas, audaces e evanxélicas, queremos permanecer nesta terra bendita, Siria, o berce do cristianismo”. O Patriarca tamén pediu ao Papa que “axude aos cristiáns sirios a permanecer en Oriente Medio”.
Mentres non chega a paz que lles permita aos sirios vivir dignamente na súa casa, necesítase unha cura de urxencia. As primeiras miradas diríxense á Igrexa Católica, que intentará axudar do mellor modo posible e de acordo coas súas posibilidades. Neste sentido, a Conferencia Episcopal xa ofreceu ao Goberno de España toda a colaboración das institucións da Igrexa.
Tamén me consta o ofrecimento de axuda de todo tipo de moitas persoas e familias lucenses. Grazas a Deus, aínda non temos o corazón totalmente endurecido. Durante os próximos meses teremos a oportunidade de pasar das palabras aos feitos.
Pero a urxencia do momento e unha aparente traizón dos nosos sentimentos non nos poden facer esquecer a orixe desta situación: as guerras en Oriente Medio, o financiamento do Estado Islámico, as guerras pola procura do poder rexional e mundial.
Miguel Ángel Álvarez Pérez
Párroco de San Froilán

Triduo en honra da Virxe das Dores

Virxe das DoresOs próximos días 13, 14 e 15 de setembro e coincidindo coa súa festividade, a Confraría Franciscana do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María, celebrará un triduo en honra da Virxe das Dores. Será na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo co seguinte horario:

Ás 19,00 horas: Santo Rosario
Ás 19,30 horas: Santa Misa

O último día, o martes día 15, a Misa será cantada polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo, e ao finalizar a mesma, haberá un bicamans á Virxe das Dores, para todas aquelas persoas que queiran achegarse.

Nesta celebración, a imaxe da Virxe lucirá o seu valiosísimo e espectacular manto procesional,  considerado polos entendidos como o máis valioso dos que existen na Semana de Paixón galega.

Encontro do voluntariado galego de Radio María

radio_maria logoO sábado 12 de setembro terá lugar a IV Xornada Interdiocesana de Voluntarios de Radio María de Galicia. No transcurso da mesma, os voluntarios da Zona de Galicia reuniranse nunha xornada anual de convivencia, traballo en común e confraternidade. Será no Mosteiro das RR. MM. Benedictinas (Rúa de San Paio de Antealtares, 23) en Santiago de Compostela.

Programa:

10.00 h Acollida dos participantes e entrega de documentación
10.30 h  Oración do voluntario e presentación dos responsables do Encontro e grupos asistentes.
11.15 h Mini Talleres
1- Difusión e organización: preparación práctica para a mesma
2- Difusión nas transmisións.
3- Redes sociais con Radio María
13 h Misa (preside o P.Ricardo Vázquez)
14.00 h Comida
15.30 h Santo Rosario
16.00 h Mini taller: Utilidade de coñecer os programas de Radio María para a difusión e práctica.
16.30 h Posta en común, dificultades, retos.
17.30 h Conclusións. Accións para o curso.
18.00 h Oración e despedida.

A %d blogueros les gusta esto: