Eucaristía en honor á Virxe de Altagracia na parroquia A Milagrosa de Lugo

O 21 de xaneiro é o día de Nosa Señora de Altagracia, considerada polos católicos da República Dominicana, como a Nai Protectora e Espitirual do seu país.

A partir das cinco da tarde do día 21 os dominicanos que viven en Lugo terán un encontro nas dependencias parroquiais da Milagrosa. E ás 19:30 celébrase unha eucaristía en honor á Virxe de Altagracia á que soen asistir unhas 80 persoas do país americano.

O párroco da Milagrosa, José Antonio Ferreiro coñeceu hai anos o santuario desta virxe, cando pasou unhas semanas en Santo Domingo, onde está o misioneiro lucense Manuel Bodenlle.

San Antonio de Padua de Lugo estrea páxina web

Despois de clausurar no mes de xaneiro as celebracións polos cincuenta anos de existencia como parroquia, san Antonio de Padua de Lugo lanzou ao ciberespacio a súa páxina web.

Nunha das seccións precisamente informan deses actos do seu cincuentenario. Pero a nova páxina web xa ten moitas outras seccións: Parroquia, Cáritas, Catequese, Horarios, Oracións a san Antonio, Equipo de Liturxia, Vida e Obra do patrono, Historia parroquial, Album de Fotos, Evanxeo do día.

O enderezo é www.sanantoniodepadualugo.es/

Visita pastoral á parroquia de San Pedro de Lugo

A visita pastoral de Mons. Alfonso Carrasco terá lugar do 15 ao 21 de xaneiro. O primeiro día ás 12:30 horas recibirase ao Bispo e celebrarase a Misa Estacional na parroquia.

O luns e o martes visitará os centros de ensino; o mércores, enfermos, nenos, mozos e pais; o xoves, dependencias parroquiais e sacerdotes. O venres terá un encontro cos membros da Terceira Orde Franciscana e unha celebración eucaristica ás 6 da tarde na capela da Soidade. Finaliza a visita pastoral o sábado 21 pola tarde cun encontro cos grupos parroquiais de San Pedro.

A %d blogueros les gusta esto: