Peregrinación polo Camiño Inglés organizada pola Delegación de Xuventude

camiño Inglés 27 xullo

Na última semana de xullo e na primeira de agosto a Delegación de Xuventude de Lugo, xunto coas demais delegacións galegas, organizan unha peregrinación polo Camiño Inglés desde Ferrol. Pásase por Neda, Pontedeume, Miño, Betanzos, Mesón do Vento, Sigüeiro. Poden participar mozos e mozas a partir dos 14 anos. Será un camiño especial por conmemorarse que fai 25 anos a Xornada Mundial da Xuventude celebrouse en Santiago de Compostela.

Feira Internacional “Apostolus” de artigos relixiosos

APOSTOLUS, a primeira Feira internacional de artigos, arte e itinerarios relixiosos e culturais celebrada en Galicia, comeza o sábado 19 no Mosteiro de San Martín Pinario. O Arcebispo D. Julián Barrio, inaugurará a Feira o sábado 19, ás 11.00h, no Claustro do Mosteiro.

Máis de 30 expositores nacionais e de países como Alemaña, Italia, Grecia, Polonia e Portugal mostrarán antigüidades, retablos e imaxes relixiosas, proxectos editoriais, itinerarios turísticos e rutas espirituais, técnicas de escaneado dixital de obras de arte, calefacción para igrexas, lampadarios electrónicos…

Durante catro días será o punto de encontro entre expositores nacionais e internacionais co clero, as confrarías, profesionais do sector e público en xeral.

O evento impulsará a creación de sinerxías e a exportación a outros países. Ademais, suporá un observatorio de tendencias no deseño litúrxico, na renovación de espazos culturais e sagrados ou rutas.

Saír do habitual para despois atopar a Deus na vida cotiá

A semana pasada tiven uns días de descanso e a ocasión de volver contemplar a grandeza da creación mirando a inmensidade do mar e as aínda verdes cores da montaña. Deixar as actividades do día a día, poder estar cos amigos que ves menos veces e pasear sen ruídos artificiais tamén axuda a achegarse a Deus.

 Isto mesmo serve para outras dimensións da nosa vida. É importante atopar a Deus na vida cotiá, pois é onde empregamos a maior parte do noso tempo.

 Pero ás veces necesitamos saír do habitual, precisamente para poder atopar a Deus despois na vida de cada día.

 Non gañariamos nada “queimándonos” por un exceso de traballo ou de preocupacións. Necesitamos relativizar o que é relativo. Parece algo obvio, pero non sempre o facemos. Máis ben relativizamos o absoluto e absolutizamos o relativo. Parece un trabalinguas, seino. Tamén se pode dicir doutra forma: facemos o urxente e esquecemos o importante.

 Todo o tempo gastado en buscar a Deus non é perdido. É o mellor investimento que podemos facer. Porque con Deus a nosa vida terá sentido e os nosos problemas ocuparán só o seu xusto lugar.

 Deixo unha ligazón para escoitar unha canción que pode animarnos a buscar a Deus dunha forma nova. Espero que  guste. Titúlase “Si supieras como te amo”

Miguel Ángel Álvarez Pérez

 

Actividades en torno ao Camiño de Santiago

San Francisco de Asís

Parte das VII Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago desenvólvense esta ano baixo o título “A tradición da peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela. No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás 9,30h do día 18 a profesora de historia da arte Dolores Fraga Sampedro disertará sobre tradicións e imaxes relacionadas coa peregrinación xacobea do Santo de Asís. E ás 11h Francisco Singul encárgase do relatorio titulado “Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago”.

Camiño de Santiago+25 aniversario JMJ 1989”

Do 28 de xullo ao 7 de agosto, as delegacións de Xuventude das dioceses galegas, organizan esta actividade para rapaces e rapazas a partir de 14 anos. Farán o Camiño Inglés desde Ferrol. Os días cinco e seis de agosto participarán nos actos de XXV aniversario da JMJ 1989.

Acollida de peregrinos”

Portomarín acolle esta actividade organizada tamén polas delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia, do 17 ao 24 de agosto. Poden participar xoves a partir de catorce anos.

A %d blogueros les gusta esto: