Cursiño de ingreso no Seminario Diocesano

O curso de ingreso no seminario para o curso 2013-2014 terá lugar os días 27, 28 e 29 de xuño. Todos aqueles seminaristas que queiran ingresar poden recoller a solicitude e información na portaría do Seminario.

No Seminario ofrécense os catro anos de secundaria obrigatoria, o Bacharelato e estudos eclesiásticos. É dicir, a partir dos 12-13 anos.

Celebracións adicadas á Virxe do Corpiño

Corpiño 2013

No santuario do Corpiño, Losón, as misas matutinas na fin de semana comezan ás 9 e as vespertinas ás 5 da tarde.

Misas solemnes: domingo 23 e luns 24 ás 12. A Misa do luns está presidida polo Sr. Bispo, Mons. Alfonso Carrasco.

Ao finalizar a misa solemne, ten lugar a procesión que dura unha hora. Durante ela os peregrinos colócanse ao redor do Santuario e van pasando todos por baixo da imaxe da Virxe mostrándolle así a súa veneración e pedindo súa protección.

Virxe do Corpiño en Grolos, Guntín

O sábado 22 de xuño, misa solemne ás 13.30 horas e o domingo 23, pola mañá celebraránse misas rezadas cada hora a partir das 9.00 horas e ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne en honor á Virxe.

Clausura do curso pastoral 2012/13 e Festa da fe do arciprestado de Becerreá

A última das Festas da fe na Diocese, é a do arciprestado de Becerreá o día 22 de xuño, e coincide coa clausura do curso pastoral 2012 – 2013. Nesta ocasión, o marco da celebración é o santuario do Cebreiro. Os actos comezan ás 11, coa acollida. Ás 11:20 trátase a cuestión: aspectos da evanxelización. Ás 13 horas é a Eucaristía. Tras unha comida de irmandade, rézase unha oración mariana. E a despedida será sobre as cinco e cuarto.

Os salesianos celebran os 25 anos de presenza en Lugo

O día 21 desde ás 18:00 ás 24:00 horas, na praza Agro do Rolo do barrio da Milagrosa, a comunidade dos salesianos celebra os 25 anos de presenza en Lugo cunha festa benéfica:

  • Paella xigante

  • Música, contacontos, maxia, para nenos e adultos

  • Mercado de discos, xoguetes…

  • Xogos populares (carreiras de sacos, tirasoga…)

  • Sorteo de obxectos de famosos (camisetas de futbolistas, discos asinados, obxectos orixinais de actores, pilotos de Fórmula 1…).

    Os beneficios destínanse a Cáritas parroquial e á Fundación Juan Soñador.

A %d blogueros les gusta esto: