Clausura do curso pastoral no santuario do Cebreiro

O encontro diocesano para clausurar o curso pastoral 2010-2011 será o próximo 17 de xuño, venres, no santuario do Cebreiro.

É un encontro-convivencia para sacerdotes, relixiosos, consagrados e fieis laicos. O motivo é reunirse para dar grazas a Deus por este curso pastoral. Ademais, é unha ocasión para verse, compartir experiencias, rezar e comer xuntos. Preside o encontro o Sr. Bispo.

É necesario apuntarse para a comida e para o desprazamento en autobús desde Lugo. O prezo da comida son 14 € e o autobús 8 €.

O encontro desenvólvese da seguinte maneira:

11:00 h: Acollida – Oración

11:20 h: Reflexión. Dirixe D. Javier Porro, Delegado de Mocidade de Santiago

12:30 h: Descanso

13:00 h: Oración, exposición do Santísimo

14:15 h: Comida

16:00 h: Oración mariana

17:00 h: Fin do encontro

Para inscribirse chamar ao teléfono 982 214 265 antes do 15 de xuño.

Festa de Fin de Curso no Seminario

O sábado día 11 celébrase no Seminario o día de Fin de Curso. Será unha xornada chea de emocións e de boas novas. Un día con moito ánimo por parte de todos e de agradecemento a aqueles que, poñendo un pouco máis da súa parte, farán pasar un bo rato aos demais ese día 11.

XII Xornadas de Apostolado Segrar

O día 10 de xuño ás oito da tarde no Salón de Actos do Seminario de Lugo terá lugar o primeiro acto. O sacerdote e Delegado de Misións, Ramón Jacobo Bernárdez, falará sobre o “Servizo para a misión”

O día seguinte, sábado 11 ás oito e media da tarde, na Parroquia do Bo Pastor de Lugo, será a Vixilia de Pentecostés, celebración na que os nenos tamén participan.

E o domingo 12 ás 13 horas, Eucaristía na Catedral presidida por D. Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo.

Encontro de familias, ensino e catequese

 

 O día 4 de xuño, no Colexio San Xosé de Lugo celébrase un encontro de familias, ensino e catequistas, organizado pola Vicaría de Ensino, a Delegación de Familia e a Delegación de Catequese. O encontro estará presidido polo Bispo, Alfonso Carrasco Rouco.

 

O programa de actos é o que vén a continuación:

10:30 Acollida

 

11:00 Oración

 

11:15 Mesa redonda: “Familia, ensino e catequese: tarefa común”

 

Interveñen:

 

– Rodrigo Rúa Iglesias, Delegado de Familia

 

– Mario Vázquez Carballo, Vicario de Ensino

 

– José Pérez Barreiro, Delegado de Catequese

 

12:00 Diálogo

 

12:30 Eucaristía

 

13:30 Comida

 

15:00 Maxia para todos

 

16:00 Información

 

16:30 Oración e clausura

 

Haberá actividades especiais para os nenos que participen.

A %d blogueros les gusta esto: