Visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier

O Bispo realiza durante a terceira semana de febreiro a visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier. Polas mañás, do luns ao xoves, estará nos colexios do barrio. Na tarde do luns manterá un encontro co Consello de Pastoral e de Economía. Ao día seguinte reuniráse cos membros da Lexión de María. O mércores, D. Alfonso Carrasco Rouco estará con catequistas, a comunidade salesiana e no Centro de S. Vicente de Paúl. O día 19 irá a San Fiz. Tamén adicará un día á visita de enfermos e outro para estar cos rapaces de Confirmación.

Xornada Mundial da Vida Consagrada

O día 2 de febrerio celébrase a Xornada Mundial da Vida Consagrada na Catedral cunha Eucaristía ás 20 h. presidida polo Bispo.

Monseñor Carrasco Rouco tamén fixo pública unha carta pastoral sobre o tema à que se pode acceder desde a páxina principal desta mesma web. E nela fai referencia ao lema desta xornada: “Ven e sígueme. Vida consagrada e nova evanxelización”

D. Alfonso Carrasco Rouco presenta a Xornada de Formación para Servicios Relixiosos hospitalarios

Cada ano xúntanse en Santiago os capeláns de hospitais e residencias e persoas colaboradoras coa idea de ter un tempo para compartir e formarse. No ano 2012 é o 30 de xaneiro, na casa de exercicios de Santiago (zona campus sur).

O Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, responsable da pastoral da saúde de Galicia, fará a presentación da Xornada.

Tamén estará D. Rudesindo Delgado, sacerdote, delegado de pastoral da saúde, e consiliario de PROSAC. Falará da Dimensión sanante dos sacramentos, especialmente da Unción dos enfermos.

Visita pastoral á parroquia de San Pedro de Lugo

A visita pastoral de Mons. Alfonso Carrasco terá lugar do 15 ao 21 de xaneiro. O primeiro día ás 12:30 horas recibirase ao Bispo e celebrarase a Misa Estacional na parroquia.

O luns e o martes visitará os centros de ensino; o mércores, enfermos, nenos, mozos e pais; o xoves, dependencias parroquiais e sacerdotes. O venres terá un encontro cos membros da Terceira Orde Franciscana e unha celebración eucaristica ás 6 da tarde na capela da Soidade. Finaliza a visita pastoral o sábado 21 pola tarde cun encontro cos grupos parroquiais de San Pedro.

A %d blogueros les gusta esto: