Presentación de libros: sobre a historia de Cáritas e sobre o Vía Crucis

Cáritas 50 anos de encontros 2

O libro dos 50 anos de Caritas Diocesana de Lugo, escrito por José de Cora, será presentado o 15 de marzo ás oito da tarde no salón de actos da Diputación de Lugo.

E o 15 de marzo ás 20h na libraría La Voz de la Verdad preséntase o libro O Camiño da Cruz. Trátase dunha publicación do Instituto Teolóxico Compostelán obra de José Antonio González e Manuel Regueiro.

Camiño da cruz 2

Esta publicación

informa de parte da rica literatura sobre o Viacrucis, concretamente a tradución que fixera Filgueira Valverde dunha peza literaria de Paul Claudel “Le Chemin de la Croix”

forma sobre o contido bíblico, teolóxico… do Viacrucis

– dá ideas para a práctica desta celebración litúrxica

Xornada de autoemprego organizada por Cáritas

empleo 2

O próximo día 2 de marzo, Cáritas Diocesana de Lugo organiza unhas novas xornadas denominadas Por que non?. Están orientadas a motivar e incentivar o espírito emprendedor entre as persoas desempregadas que poidan ser obxecto da intervención (desempregados con dificultades de incorporación ao mercado laboral como asalariados: mulleres, inmigrantes, desempregados de longa duración…).

Cóntase coa participación de Ugacota (Unión galega de cooperativas de traballo asociativo, Fundación Confederación de Empresarios de Lugo, Centro de empresas e innovación Nodus).

Colaboran no panel de experiencias: Bico de grao, Vinissi, Kekotucos, Centro de día Esmorga, Nudos e Miramar Cruises)

Realízase esta xornada no marco do proxecto “Emprégate II” que é unha acción posta en marcha no ano 2013 por Cáritas Diocesana de Lugo

Cáritas Sarria cumpre 50 anos

En 1965 iniciaba o seu labor Cáritas Interparroquial de Sarria polo que celebran as vodas de ouro.

O venres 4 ás 20h hai unha Eucaristía de acción de grazas e en memoria dos voluntarios e colaboradores xa desaparecidos. Esta Misa na igrexa de San Salvador estará oficiada polo Vicario xeral da Diocese.

Ás 21.30 h no hotel Alfonso IX, haberá unha cea benéfica. Parte do recadado dedicarase aos fins solidarios da entidade. Á cea poden acudir voluntarios, colaboradores e cidadanía en xeral. No transcurso da mesma a directiva de Cáritas repasará o feito nestes 50 anos.

Para este mes de decembro programa un mercado solidario e unha nova Operación quilo nos supermercados da vila.

Actuacións de corais a prol de Cáritas parroquial

Copia de concertos solidarios

As corais do Concello de Lugo dan concertos gratuítos nas parroquias da cidade e unicamente se pide que os asistentes deixen un Kg. ou un paquete de alimentos non perecedeiros, que a propia Parroquia repartirá entre os mais necesitados.

Os concertos son os seguintes:

22 de novembro, igrexa de S. Pedro, 12,30 h. Orfeón Lucense, (Misa) e Solo Voces, (Concerto)

28 de novembro, igrexa da Milagrosa, 19,30 h. Coral Xolda, (Misa) e Orfeón Xoán Montes, (Concerto)

29 de novembro, igrexa do Sagrado Corazón, 12 h. Coral do Hospital, (Misa) e Coral Amigos do Camiño, (Concerto)

5 de decembro, igrexa de S. Antonio de Padua, 19 h. Coro San Antonio, (Misa) e Coral Ecos do Miño Astelu, (Concerto)

6 de decembro, igrexa de S. Francisco Xavier, 12,30 h. Coral Amigos do Camiño (Misa) e Orfeón Lucense (Concerto)

12 de decembro, igrexa de S. Froilán, 20,30 h. Coral Ecos do Miño Astelu (Misa) e Orfeón Xoán Montes (Concerto)

13 de decembro, igrexa de S. Lourenzo de Albeiros, 12,45 h. Coral Cantar Delas (Misa) e Conxunto Vocal Lugh, (Concerto)

19 de Decembro, igrexa de Santiago A Nova-Fontiñas, 18,30 h. Schola Gregoriana Lucensis, (Misa) e Coro de S. Antonio (Concerto)

Exposición fotográfica “Tralas luces: soños e medos de mulleres”

Exposición Muller

A Área de Muller de Cáritas Diocesana de Lugo organiza unha exposición fotográfica itinerante, onde once mulleres en contextos de prostitución -algunha delas vítimas de trata de seres humanos- mostran os seus soños e os seus medos a través de fotografías realizadas co móbil. Así mesmo, as participantes desta acción explican as súas imaxes con comentarios escritos polo seu puño e letra.

Esta exposición pode verse na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo (ata o 13 de novembro).

Os doce paneis que compoñen a exposición fotográfica van acompañados de material informativo sobre a prostitución, a explotación sexual e a trata de persoas.

A %d blogueros les gusta esto: