Concerto do organista Giulio Mercati e Solo Voces

O venres 10 de xaneiro ás 20:30 h na Catedral de Lugo o organista Giulio Mercati dará un concerto que é o segundo da serie de 3 actuacións que comezaron o ano pasado e que continúan neste ano 2020. Tamén intervirá o grupo vocal Solo Voces baixo a dirección de Fernando G. Jácome.

A finalidade destes concertos é chamar a atención sobre a necesidade de restaurar o órgano da Epístola da basílica lucense. Entrada libre ata completar cabida.

PROGRAMA

Felix Mendelssohn (1809-1847)

Verleih uns Frieden gnädiglich

Transcrición para coro e órgano de Benjamin Righetti

Johannes Brahms (1833-1897)

Preludio e fuga en sol menor

Dúas corais da colección op. posth. 122:

– É ist ein Ros’ entsprungen, n. 8

– O Gott, du frommer Gott, n. 7

Para órgano

Johannes Brahms (1833-1897)

Geistliches Lied, op. 30

Para coro e órgano

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

– Wachet auf, ruft uns die Stimme, BWV 645

– Toccata, adagio e fuga, BWV 564

Para órgano

Gabriel Fauré (1845-1924)

Cantique de Jean Racine, op.

Para coro e órgano

José Mario Vázquez Carballo, reelixido como deán da Catedral de Lugo

O cóengo e Vigairo Xeral da Diocese, José Mario Vázquez Carballo, foi reelixido como deán da Catedral de Lugo para os vindeiros catro anos.

O pasado 21 de novembro, en sesión extraordinaria o cabido catedralicio procedeu á elección de Mario Vázquez, e agora o bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco, confirmou e nomeamento.

O cabido catedralicio, presidido polo Bispo de Lugo, está composto por 13 membros.

O seu nacemento como institución pérdese no tempo. Desde mediados do século VII até comezos do XIII, o clero adscrito ao servizo da Catedral de Lugo vivía formando unha comunidade, e tiña unha regulamentación semellante ás monásticas da época.

Dado que Don Rodrigo figura en 1155 como Prior Canonicae, e subscribe como deán en 1168, probablemente nomeado polo Papa Alejandro III, conclúese que é nesa época cando a institución comeza a súa singradura.

Actos de Nadal na Catedral de Lugo

O luns 23 de decembro ás 20:30 h será bendicido o belén instalado na Catedral de Lugo. Neste acto o Orfeón Lucense ofrecerá un concerto de Nadal.

O martes 24 de decembro: ás 24 h celébrase a Misa de Noiteboa

O mércores 25 de decembro ás 13 h celébrase a Eucaristía de Nadal.

Música na Catedral de Lugo

O venres 22 de novembro, festividade de Santa Icía, patroa da música, na Eucaristía das 20 h da Catedral intervirán distintos coros da cidade. Os participantes son: Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coral do Hospital Xeral Calde, Coral Xolda, Coro de Fingoi, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e a Schola Gregoriana Lucensis.

Evanxelizar e eucaristizar vivencialmente na Catedral de Lugo

O Evanxeo vivo

Dous cursos levamos dúas irmás Misioneiras Eucarísticas na Catedral de Lugo, no espazo do encontro con Xesús eucaristía exposto no altar maior.

San Manuel dicía: «no Evanxeo coñecémolo, e no misterio da Eucaristía, relacionámonos con El». Para evanxelizar é fundamental vivir sen rupturas a relación entre Evanxeo e Eucaristía; así, as dúas realidades convértense en «Evanxeo vivo».

O Espírito que o Señor infunde nos nosos corazóns (cf. Rom 5) é quen nos introduce á verdade do Evanxeo, da presenza de Deus e da súa acción salvífica.

Os tres alicerces do noso labor

A acollida, desde a pedagoxía de Xesús, que acolle persoalmente. Sexa peregrino, adorador, un grupo apostólico ou un turista, a todos ten que chegar o Evanxeo. A catedral ten vida e todos deben notala, para poder responder desde aí, cunha inclinación de cabeza ou unha oración ante o Santísimo, cun xesto ou unha admiración ante a arte que presencian.

A amizade é a ferramenta máis valiosa que temos na posmodernidade para conectar coas persoas. Pola Catedral pasa moita xente coa súa historia persoal. Tentamos conectar con eles e facer un seguimento amigable, presentándolles a Xesús.

A presenza viva: nunha Catedral diferente a todas, con pedras vivas que nos falan de Xesús, tentamos espertar esa sensibilidade eucarística desde a liturxia e o silencio.

O Evanxeo polo camiño eucarístico

San Manuel ensinaba que se chega a un encontro co Evanxeo por medio da Eucaristía; porque, entrando nunha relación profunda co Señor, sente a necesidade de buscalo e seguilo.

Na Catedral, acompañadas pola exposición permanente do Santísimo, procuramos, evanxelizar por medio da Eucaristía.

Irmás Esther e Mónica

Misioneiras Eucarísticas de Nazaret

A %d blogueros les gusta esto: