Constituída a Comisión de Patrimonio Histórico-Artístico e de Liturxia

Comision historico-artistica e de liturxia membros

No organigrama da Diocese acaba de constituirse a Comisión de Patrimonio Histórico-Artístico e de Liturxia como organismo consultivo en materia de conservación, defensa, incremento e difusión do patrimonio histórico, artístico, documental e bibliográfico da Igrexa diocesana de Lugo.

Está constituída polos seguintes membros:

– Presidente, o Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

– Membros natos, en razón do seu cargo e mentres dure o mesmo

  • o Delegado de Patrimonio Histórico-Artístico e Director do Museo Diocesano Catedralicio, César Manuel Carnero Rodríguez,

  • o Delegado de Patrimonio de bens inmobles, Miguel Angel Gómez Vázquez,

  • o Delegado de Liturxia, José Antonio Ferreiro Varela,

  • o Director do Arquivo Histórico da Diocese, Óscar González Murado.

– Por libre designación e durante un período de tres anos:

  • a licenciada en Belas Artes e restauradora, Vania López Arias,

  • a licenciada en Historia da Arte, Medievalista e Museóloga, Carolina Casal Chico,

  • o licenciado en Arquitectura José María Alonso Montero.

1 comentario en “Constituída a Comisión de Patrimonio Histórico-Artístico e de Liturxia

  1. Se é histórico por que non hay ningún historiador da eirexa, se é documental onde metemos o arquivo da catedral, se é bibliográfico onde están as bibliotecas? Onde está o viario xeral que ten que redactar un montón de informes sobre os bens culturais? Por que está tan representado o museo diocesano que los leva años fechado?

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: