Cuarta xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia: Amor conxugal e vocación á santidade

O sábado 20 de setembro é a cuarta xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (CFMF) que organizan conxuntamente as dioceses de Galicia e que se celebra en Silleda. Estará dirixida polo teólogo e profesor de Pastoral Familiar no Instituto Juan Pablo II da Universidade Lateranense de Roma, Juan José Pérez-Soba. Nas súas diferentes intervencións abordará o tema do “Amor conxugal e a vocación á santidade” e explicará o significado do amor esponsal e a vocación á santidade como algo que está unido, porque o matrimonio supón participar do Amor de Cristo. Comprender a transcendencia desta verdade para a vida cristiá e o futuro da sociedade será o obxectivo desta xornada, na que se desenvolverá a cuestión do amor e as súas dimensións, da afectividad, do encontro e da comuñón.

Pola tarde, tamén estarán presentes o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o Bispo de Osma-Soria, Mons. Gerardo Melgar, membro da Subcomisión de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española. Mons. Melgar intervirá compartindo a experiencia que se leva a cabo nas parroquias da súa Diocese cos matrimonios novos. 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: