Cadea de oración pola vida consagrada en Samos e Lugo

O día 11 continúa a Cadea de oración pola Vida Consagrada. Nesta ocasión as protagonistas son as Irmás Terciarias Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor e Benedictinas da Anunciación. Ambas congregacións en Samos.
A partir das 18:30h nas Benedictinas de Samos, haberá os seguintes actos:

  • Vésperas

  • Eucaristía

  • Oración

 E o día 25 de marzo ás 19’30 h será na PARROQUIA DE SAN ANTONIO, en Lugo, con Eucaristía e oración. As comunidades presentes na devandita Parroquia son:

  • Irmás da Caridade do Bo Pastor
  • Irmans Misioneiras de Divino Mestre e
  • Irmás Franciscanas do Rebaño de María

7 de marzo, Día do Misioneiro Diocesano

Dia do misioneiro diocesano 2015

O sábado, día 7 de marzo, ás 17:00 h. celebrouse o Día do Misioneiro Diocesano na Parroquia San Francisco Xavier de Lugo. Houbo unha mesa redonda no salón parroquial, con intervención, en primeiro lugar, de Juan Antonio Fraile, misioneiro comboniano, encargado de falar da súa experiencia na República Democrática do Congo. Alí viviu dúas guerras, chegando a estar doce días escondido na selva onde os pigmeos axudárono a ocultarse do exército.
E en segundo lugar correspondeulle intervir a Augusto Bruyel, (irmán de P. Damián Bruyel, misioneiro comboniano) sobre a súa experiencia como familiar dun misioneiro.
A continuación, ás 18:30 h. houbo unha Eucaristía.

Xornada diocesana de formacion de pastoral da saúde

TEMA: “O enfermo na súa etapa final e a súa familia. Atención parroquial”.

A CARGO DE: D. Jesús Martinez Carracedo, director do Departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Espanola.

LUGAR: Salón de actos do Seminario Maior de Lugo

DATA e HORA: 9 de marzo desde as 11 da mañá ás 2 da tarde.

DESTINATARIOS: Sacerdotes, relixiosos, membros de movementos apostólicos e segrares.

Exercicios espirituais organizados pola Delegación de Apostolado Segrar

Do venres 6 ao domingo 8 de marzo de 2015, hai exercicios en Sobrado dos Monxes, impartidos polo prior, D. Carlos Gutiérrez Cuartango

Do venres 13 ao domingo 15 de marzo de 2015, tamén hai exercicios na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo, impartidos polo sacerdote, misioneiro comboniano, párroco de Palas de Rei e anexas, D. Juan Antonio Fraile Gómez. Comezan o venres 13 de marzo ás 19:00 e rematan o domingo 15 de marzo co xantar. A pensión completa son 38 €/día e son 12 € só xantar ou 10 € só cea.

“Unha luz na noite” o día 7 na igrexa de San Pedro, Lugo

unha luz na noite día 7 de marzo
Despois da boa experiencia da anterior “Unha luz na noite” (20 de decembro) na que colaboraban as outras dioceses de Galicia, o sábado 7 de marzo serán 42 os mozos de Lugo participantes na 2ª edición. Trátase de propoñer a outros mozos a que entren na igrexa de San Pedro (Lugo) para ter un momento de oración a partir das 24h.

A %d blogueros les gusta esto: