Homenaxe a Manuel Varela Gorgoso e Jesús Fernández Fernández

image
O Bispo de Lugo Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidíu os actos de homenaxe a estes dous sacerdotes diocesanos con motivo dos 50 anos de sacerdocio. Manuel Varela e Jesús Fernández son sacerdotes no concello de Castroverde dende a década dos sesenta. Os asistentes louvaron tanto a súa actividade evanxelizadora como a social e cultural.

Catequeses públicas na Praza do Seminario, en Lugo

O domingo 18 de maio a partir das 12 h na Praza Horta do Seminario, Lugo, hai unha catequese pública co seguinte contido: Anuncio do kerigma, a noticia da nosa salvación, se a escoitamos e a cremos, salvarémonos.

Estas catequeses dos domingos de Pascua desenvólvense baixo o lema “A fe vén polo ouvido”. Continúan nas parroquias de San Froilán e da Milagrosa.

 As últimas catequeses serán o 25 de maio (Evanxeo) e o 1 de xuño (Igrexa).

Celebración de San Pascual Bailón

O vindeiro 17 de maio, festividade de San Pascual Bailón, patrón das asociacións eucarísticas, celébrase unha Eucaristía, precedida polo rezo de vésperas, ás 18,30 horas no altar do Bo Xesús da Catedral.

Convídase a participar na mesma aos membros das seguintes asociacións: ADORACIÓN NOCTURNA, A.R.P.U., MARÍAS DOS SAGRARIOS, CONFRARÍA SACRAMENTAL, APOSTOLADO DA ORACIÓN e fieis en xeral.

Conferencia e mercado solidario organizados por Mans Unidas

Mans Unidas Lugo organiza o 14 de maio unha conferencia sobre seguridade alimentaria no noso mundo globalizado.

A conferencia será impartida por Marco Gordillo (@magordilloz) no salón de actos da Fundación Novagaliciabanco (Lugo) ás 20:30h. Marco Gordillo é coordinador de campañas e redes de Mans Unidas.

Mercado solidario

Ata o día 29 de maio de 2014, a Delegación de Mans Unidas da diocese de Lugo volve instalar o seu tradicional Mercado solidario. Nesta ocasión está na rúa Bolaño Rivadeneira 19. O horario de atención ao público será de 11:00 h. a 13:30 h. (mañás) e de 17:00 h. a 20:30 h. (tardes) de luns a venres laborables, e de 11:00 h. a 13:30 h. (mañás) os sábados non festivos.

A %d blogueros les gusta esto: