Formación para seglares en Sarria e Monforte

O venres 7 de febreiro, ás 20:00, comeza a formación en Sarria, nos locais da parroquia de Nosa Señora do Rosario (rúa Formigueiros, s/n). Tratarase o tema da familia durante este curso, e a primeira sesión será “A familia, igrexa doméstica”, reunión dirixida por Alfredo Losada, Delegado de apostolado seglar.

O 14 de febreiro, ás 20:30, en Monforte, nos locais da igrexa de S. Antonio (r/ Manuel María, s/n), abórdase o tema do “Fundamento cristián de actuación na vida pública: caridade política”, reunión guiada por Breogán Udías, educador social e membro de Arela.

Campaña contra a fame de Mans Unidas Lugo

Anuncio Mans Unidas anv

O venres 7 de febreiro é o Día do Xaxún Voluntario. Ás 19 h no Seminario hai unha Eucaristía e a continuación merenda solidaria no mesmo lugar.

O domingo 9 é a Xornada Nacional de Mans Unidas. A cuestación nas igrexas dese día e do anterior destínase aos proxectos de Mans Unidas Lugo en Sudán do Sur e Guatemala.

O luns 10 de febreiro ás 20h no salón de actos da Fundación Novagalicia Banco, a misioneira en Zimbabwe, Dolores Pérez Carrasquilla dará unha conferencia co título “Un mundo novo, proxecto común”. 

Ver manifesto

Xornada para a Vida Consagrada

Xornada para a vida consagrada

Eucaristía na Catedral de Lugo o 1 de febreiro ás 17h.

Esta xornada ten como obxectivos dar grazas a Deus polo don da vida consagrada á Igrexa e á humanidade; promover o seu coñecemento e estima entre o Pobo de Deus; convidar a cantos dedicaron totalmente a súa vida á causa do Evanxeo a celebrar as marabillas que o Señor realiza nas súas vidas.

Ese día agradécese a Deus polas ordes e Institutos relixiosos dedicados á contemplación ou ás obras de apostolado, polas Sociedades de vida apostólica, polos Institutos seculares, pola Orde das virxes, polas novas formas de vida consagrada.

Lema: A alegría do Evanxeo na vida consagrada.

A alegría na vida consagrada procede da fe, que á súa vez provén da acollida da Palabra de Deus. 

Colexios relixiosos de Lugo celebran o Día da Paz

Paz

O 30 de xaneiro todos os colexios relixiosos de Lugo celebran o Día da Paz cunha marcha pola Muralla de 650 persoas baixo o lema: vive, contaxia e sementa a Paz.

Cada colexio escolleu unha persoa ou grupo de persoas dun continente que dalgunha maneira contribúe a consecución da paz e/ou prestou axuda as vítimas da violencia. Elaboraron un dorsal coa personaxe ou grupo que vai representar.

A hora de saída é as 12:00h. no atrio da Catedral e conclúese coa lectura dun manifesto elaborado polos alumnos/as dos colexios.

“A Igrexa atendeu ás pesoas en todas as súas necesidades”

imageSebastián Mora analizou durante a súa conferencia a traxectoria  de Cáritas ó longo destes últimos 50 anos  facendo un percorrido pola nosa historia. Destacou o seu labor como pioneiro en canto a atención social. Recalcou a presenza desta institución católiza -a presenza da Igrexa mesma- en todos os sectores de atención á persona en todas as súas necesidades (VIH-Sida, mulleres protituídas, inmigrantes, tratas, drogadicción…). Este acto abre el año dedicado a conmemorar los 50 años de Cáritas Diocesana de Lugo.

A %d blogueros les gusta esto: