Actividades de Cáritas Lugo para nenos e adolescentes

O Servizo de atención á infancia e mocidade de Cáritas, realiza unha actividade para adolescentes: Xornada de uso racional de novas tecnoloxías. É o día 28 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo en Avda. das Américas n° 93-97 en horario de mañá.

Tamén hai unha celebración de Nadal, cunha festa o día 28 de decembro pola tarde no Colexio Divino Mestre.

Xornada formativa e festiva no Seminario o día 27

Xornada

O Seminario acolle unha xornada formativa e festiva o día 27 de decembro.

O moderador é D. Fernando Herrera Casañé, Subdirector da Subcomisión Episcopal de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española. As súas conferencias levan por título: O plan de Deus: o matrimonio cristiá e A transmisión da fe en familia.

Mañás de Nadal, organizadas pola asociación salesiana Ateibo

cartel-mañas-de-nadal

Co nome Mañás de Nadal, a Asociación Xuvenil Ateibo organiza os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e os días 2 e 3 de xaneiro, actividades destinadas a nenos e nenas de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria incluídos, é dicir, de 3 -12 anos.

O horario das actividades é de 10 a 13:30h. Hai servizo de gardería antes da actividade de 9 a 10h, e servizo de gardería despois da actividade de 13:30 a 14h.

Os obxectivos son educar en valores a través do xogo, promover unhas vacacións activas axeitadas ás idades dos participantes, favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Actividades de Cáritas na penúltima fin de semana de decembro

LUGO  Tenda solidaria na praza Santo Domingo. Continúa aberta 3 semanas.

MEIRA  Taller de manualidades de arte navideño organizado pola Confraría Nosa Señora do Pedregal. Poñeranse a venta o día 22 de decembro na Feira de Meira. O que se recade donarase a Caritas parroquial.

MELIDE Mercado solidario en colaboración co Concello os días 21 e 22 de decembro

 MONFORTE DE LEMOS

Entrega de xoguetes e alimentos os días 22 e 23 de decembro

Repartición de cesta especial de Nadal na Parroquia de S. Antonio de Padua de Monforte de Lemos.

SARRIA

OPERACIÓN QUILO. Recollida os días 21 e 22 de decembro.

Animación na Residencia de anciáns Virxe do Carme o 22 de decembro

 

Gonzalo Fraga, elixido novo deán da Catedral

Nomeamento deán G Fraga

O 20 de decembro ás 12 h, o Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco entregou o nomeamento como novo deán da Catedral de Lugo a Gonzalo Fraga Vázquez. Na entrega do seu nomeamento estivo presente o Vicario Xeral e secretario do cabido catedralicio, Mario Vázquez.

Gonzalo Fraga fora elixido o pasado 13 de decembro polo pleno do cabido como deán da Catedral para os próximos 4 anos.

A %d blogueros les gusta esto: