Como se celebra a Misa?, título da VIII Xornada de Liturxia

Xornada liturxia 2

Este ano o tema da VIII Xornada Diocesana de Liturxia responde ao interrogante de como se celebra a misa. Para desenvolver o tema, a Delegación de Liturxia acudiu ao reitor do Seminario de Girona, Jordi Font i Plana.

A xornada, dividida en dúas sesións, comezou ás 10.15 pola mañá. Pola tarde ás catro e media. Temas: partes da misa, xestos e signos, actitudes para vivir a Misa, sentido do canto.

Día de San Froilán. Ofrenda na Catedral

20131005-224521.jpg
Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidíu a Eucaristía do día de san Froilán na Catedral de Lugo. Coa presenza corporación municipal e numerosos fieis Lugo honrou ó seu patrón de xeito solemne. O Bispo fixo unha louvanza do traballo e tamén da necesidade da festa, pedindo a bendición do santo para todos. Seguindo a tradición o alcalde presentou a Ofrenda a san Froilán, portada por nenos ataviados con traxes rexionais.

Os sacerdotes de parroquias no Camiño teñen unha xuntanza en Palas

A igrexa de Palas de Rei acolle o próximo 8 ás 10:30 unha reunión dos sacerdotes con parroquias polas que pasa o Camiño Francés no territorio da Diocese de Lugo. Por iso tamén asistirán de Melide e Arzúa (pertencentes á Diocese lucense) xunto con sacerdotes de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso e Palas de Rei.

Entre os asuntos que serán tratados están os criterios que se manterán cos voluntarios que atenden aos peregrinos. 

O Seminario diocesano de Lugo ofrece varias posibilidades educativas

Seminario Lugo

O edificio do Seminario acolle distintas realidades formativas:

  • Seminario Maior da Sagrada Familia. Para este curso 2013-2014 son 7 os seminaristas maiores nos cursos 1º a 4º de Estudos Eclesiásticos, ao incorporarse tres novos seminaristas a 1º de Estudos Eclesiásticos.

  • Seminario Menor do Sagrado Corazón, onde se forman mozos da Diocese ou de dioceses veciñas que, ou ben manifestan o desexo de ser un día seminaristas maiores e logo sacerdotes, ou ben non descartan esa posibilidade. Son 43 alumnos os que neste curso 2013-2014 están preparándose para alcanzar tamén as titulacións de secundaria.

  • Instituto Teolóxico Lucense, para que seminaristas, relixiosos e laicos estuden Teoloxía até o nivel eclesiástico de Bacharelato en Teoloxía (equivalente civil ao Grao).

  • Extensión en Lugo da Sección a distancia do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas da Universidade Eclesiástica San Dámaso, de Madrid con estudos de bacharelato e grao en Ciencias Relixiosas, camiño para os futuros profesores de relixión de Secundaria.

  • Extensión en Lugo do Instituto Internacional de Teoloxía a Distancia, con estudos que permiten aos diplomados en Maxisterio dar clase de relixión en educación infantil e primaria.

A %d blogueros les gusta esto: