A aparición de María na Salette ten o seu centro en Cristo

Ano Xubilar saletino

O próximo ano cúmprense nada menos que 150 da presenza de María baixo a advocación de Nosa Sra. da Saleta na parroquia-santuario de San Miguel de Siador. Por este motivo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco promoveu e apoiou con entusiasmo a celebración dun Ano xubilar. Xa hai meses solicitou do Papa a través da Penitenciaría Apostólica a graza xubilar da indulxencia plenaria, a cal foi concedida.

A aparición de María aos pastores Maximino e Melania, o 19 de setembro de 1846, nunha montaña situada na Salette (Alpes), atópase entre as recoñecidas e aprobadas oficialmente pola Igrexa. Desde entón son moitos os que atoparon na mensaxe da Saleta o camiño da conversión, a profundización da súa fe, o dinamismo para a súa vida cotiá.

Se algo caracteriza profundamente a aparición de María na Salette, tanto a mensaxe como os signos, é a súa centralidade en Cristo. As súas palabras apuntan ao seu Fillo, e o crucifixo que está sobre o seu peito atrae poderosamente a atención de Maximino e Melania, e del irradia a luz que envolve toda a aparición. Na oración tradicional dirixida a Nosa Sra. da Saleta pedímoslle: “Volve os nosos corazóns cara ao teu Fillo Xesús, alcánzanos a graza de amalo sobre todas as cousas…”. No transcurso do Ano xubilar sexa esta nosa súplica perseverante e unamos a ela a nosa decidida determinación de facer de Xesús o amor da nosa vida.

P. Amador Marugán Patiño, M.S.

Triduo en honra á Virxe das Dores

Triduo Virxe Dores igrexa pp. Franciscanos

Os días 13, 14 e 15 de setembro, a Confraría do Desencravo celebra un triduo á Virxe das Dores na igrexa dos PP. Franciscanos de Lugo.

Ás 19,00 horas haberá o rezo do Santo Rosario e ás 19,30 horas, Santa Misa.

Predica o capelán da confraría, o Padre Frei Amado González.

O día 15, ao finalizar a Eucaristía haberá un bicamáns á Virxe das Dores.

Terceira peregrinación a Fátima da Hospitalidade de Lourdes

Viaxe a Fátima da Hospitalidade de Lourdes

Do venres 13 ao luns 16 de setembro terá lugar a terceira viaxe a Fátima que organiza a Hospitalidade Diocesana de Lourdes de Lugo, co seguinte programa:

VENRES DÍA 13:

18 h: Visita á nova Basílica Subterránea e Celebración Comunitaria da Penitencia na mesma.

19:15 horas: Misa na Capelinha, presidida por Lugo. 

SÁBADO DÍA 14:

6:30 horas: Misa na Basílica (voluntaria), presidida por Lugo.

Despois do almorzo, visita a: Lisboa; Belén; Estoril; Cascais; Sintra.

21:30 horas: Participación na Procesión dos Fachos, con actuación de Lugo.

DOMINGO DÍA 15:

  11 horas: Participación na Misa Internacional, con actuación de Lugo.

Trala comida, excursión a Bathala (Santa María da Vitoria); Nazaré.

21:30 horas: Participación (voluntaria) na Procesión dos Fachos.

LUNS DÍA 16:

8 h: Saída para Coimbra: visita da cidade en coche. Continuación da viaxe e visita a todo o conxunto de Bon Jesú. Pola tarde, visita ao gran Santuario de Sameiro, onde se celebrará a Misa de Despedida.

Actos na Diocese con motivo da Xornada pola paz

actos pola paz na Diocese Lugo 7 setembro

A Catedral de Lugo acolle a xornada de oración pola paz en Siria, en Oriente Medio e no mundo enteiro o sábado 7 ás 19 h. Invítase a participar a todos os fieles que o desexen.

Outra parroquias da Diocese tamén se unen á Xornada, como así o fan constar algunhas delas en comunicacións públicas por distintos medios e que reproducimos aquí.

A %d blogueros les gusta esto: