Celebracións adicadas á Virxe do Corpiño

Corpiño 2013

No santuario do Corpiño, Losón, as misas matutinas na fin de semana comezan ás 9 e as vespertinas ás 5 da tarde.

Misas solemnes: domingo 23 e luns 24 ás 12. A Misa do luns está presidida polo Sr. Bispo, Mons. Alfonso Carrasco.

Ao finalizar a misa solemne, ten lugar a procesión que dura unha hora. Durante ela os peregrinos colócanse ao redor do Santuario e van pasando todos por baixo da imaxe da Virxe mostrándolle así a súa veneración e pedindo súa protección.

Virxe do Corpiño en Grolos, Guntín

O sábado 22 de xuño, misa solemne ás 13.30 horas e o domingo 23, pola mañá celebraránse misas rezadas cada hora a partir das 9.00 horas e ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne en honor á Virxe.

Clausura do curso pastoral 2012/13 e Festa da fe do arciprestado de Becerreá

A última das Festas da fe na Diocese, é a do arciprestado de Becerreá o día 22 de xuño, e coincide coa clausura do curso pastoral 2012 – 2013. Nesta ocasión, o marco da celebración é o santuario do Cebreiro. Os actos comezan ás 11, coa acollida. Ás 11:20 trátase a cuestión: aspectos da evanxelización. Ás 13 horas é a Eucaristía. Tras unha comida de irmandade, rézase unha oración mariana. E a despedida será sobre as cinco e cuarto.

Os salesianos celebran os 25 anos de presenza en Lugo

O día 21 desde ás 18:00 ás 24:00 horas, na praza Agro do Rolo do barrio da Milagrosa, a comunidade dos salesianos celebra os 25 anos de presenza en Lugo cunha festa benéfica:

  • Paella xigante

  • Música, contacontos, maxia, para nenos e adultos

  • Mercado de discos, xoguetes…

  • Xogos populares (carreiras de sacos, tirasoga…)

  • Sorteo de obxectos de famosos (camisetas de futbolistas, discos asinados, obxectos orixinais de actores, pilotos de Fórmula 1…).

    Os beneficios destínanse a Cáritas parroquial e á Fundación Juan Soñador.

Memoria 2012 de Cáritas Diocesana de Lugo

Caritas Lugo

O xoves 20 de xuño Cáritas Diocesana de Lugo presentou a Memoria 2012, na que figuran, entre outros, os seguintes datos:

Recursos económicos: 393 persoas. Voluntarios: 377. Técnicos: 16

Recursos económicos: 1.061.555,12 €. Desta cantidade, os fondos propios (52,10%) proceden de colectas das parroquias, cotas dos socios, donativos de persoas particulares, empresas. Fondos públicos (47,9%) son ingresos por subvencións das administracións local, autonómica, central e da Unión Europea. Algo máis de 5000 persoas recibiron asistencia de Cáritas Lugo durante o ano 2012.

En axudas a persoas vulnerables houbo un gasto de 480.180,75 € para axuda no fogar, alimentos, axuda escolar, vivenda, suministros, formación (becas), atención sanitaria, actividades, documentación, débedas de persoas.

A persoas excluídas destináronse 21.644,18 €. O Comedor San Froilán serviu 49.500 comidas durante o 2012.

O capítulo de mantenemento, campañas e sensibilización supuxo un gasto de gasto de 96.036,01€. E o de cooperación internacional (Haití, Somalia): 540 €

Co Servizo de Empresas con Corazón colaboran 25 empresas.

A %d blogueros les gusta esto: