Pregón da Caridade a cargo de Mons. Carlos Amigo no Círculo das Artes

image

Mons. Alfonso Carrasco acompañou ó Cardeal Amigo, xunto co director de Cáritas, Ginés Plaza, e o delegado, Antón Negro

[Escoitar – Baixar o Pregón en formado MP3]

Como dicía o título –A caridade: o mellor pregón para a xustiza- Mons. Carlos Amigo relacionou ambos os dous conceptos: “É importante que a caridade non oculte a xustiza, ao contrario, a caridade é a apoteose da xustiza. Incluso cando a xustiza rematou o seu camiño, a caridade continúa crecendo. Son inseparables”.

Outra vinculación que fixo o cardeal foi entre caridade e misericordia. Esta supón gardar o mellor que un pode ter (xenerosidade, compaixón…) para ofrecelo aos demais.

Referiuse tamén o pregoeiro a Lugo dicindo que “escribiu a súa historia milenaria coa adoración fervorosa e constante da santísima Eucaristía”.

Xornada Interdiocesana sobre o ensino relixioso na escola

Os bispos galegos diríxense aos fieis con motivo da xornada Interdiocesana de sensibilización sobre o Ensino Relixioso e Moral nos centros escolares tanto estatais como de iniciativa social.

No seu escrito afírmase que “a Igrexa que, desde sempre, mostrou gran inquietude pola educación da infancia e a mocidade, non pode nin quere quedar á marxe da preocupación de amplos sectores da nosa sociedade que desexan mellorar as leis educativas. Recoñece que a escola é un medio privilexiado para a formación integral do home despois de que ela é un centro onde se elabora e transmite unha concepción específica do mundo, do home e da historia. Ve, por tanto, na calidade educativa o maior ben para a persoa humana, urxindo o desenvolvemento non só dos aspectos pedagóxicos, científicos ou técnicos senón tamén da formación integral na que non pode esquecerse a dimensión transcendente”. Ver texto completo

Concerto da Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense, organizado por Mans Unidas

O día 26 de maio de 2013, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto a beneficio dos proxectos que a Delegación de Mans Unidas da Diocese de Lugo financia este ano en Mauritania, Ghana e Uganda.

No mesmo, intervirá a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.

As entradas (donativo de 5 euros) poden adquirirse no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto.

Xornadas de Oración e Formación da Adoración Nocturna Feminina

Estas xornadas terán lugar os días 25 e 26 de maio na igrexa parroquial de Santiago A Nova de Lugo, segundo o seguinte programa:

Sábado 25 De 10 a 13:15 horas A fe como “don”, a cargo de Alfonso Vilariño

De 16:30 a 20 horas A fe como “virtude”, por Daniel Rodríguez Rodríguez

Ás 18:30, Santa Misa polo eterno descanso da adoradora activa Blanca López

Blanca pertencía á quenda da Inmaculada Concepción e era tesoureira.

Domingo 26 De 10 a 13:30 horas Contidos da fe, por Alfonso Vilariño.

Encontro Vocacional para monagos e mozos

O sábado 25 de maio o Seminario Diocesano de Lugo acolle un Encontro Vocacional para monagos e mozos de 11:30 a 17 h.

Trátase dun encontro que pode axudar a propoñer, acompañar e animar no camiño da vocación sacerdotal aos mozos, especialmente os monagos.

Chámase Encontro Vocacional en vez de o Día do monago porque non se quere perder de vista este horizonte específico que é o Seminario. É un encontro preferentemente para monagos e mozos que poidan ser candidatos ao Seminario ou que manifestaron unha inquietude vocacional sacerdotal.

O horario é o seguinte:

  • 11:00 -Acollida de participantes

  • 11:30 – Comezo do Encontro – Benvida e oración

  • 12:00 – Dinámicas, visita ao Centro…

  • 14:00 – Comida para todos (sacerdotes, participantes e acompañantes)

  • 14:30 – Xogos

  • 16:00 – Despedida

A %d blogueros les gusta esto: