Festas da fe en Quiroga e Chantada

Das varias festas da fe programadas para os próximos meses en distintos puntos da Diocese, o 7 de abril correspóndelle ao arciprestado de Quiroga (Bóveda, Pobra de Brollón, San Clodio, Ribas de Sil, Quiroga, Courel).

O domingo seguinte, 14 de abril, corresponderalle ao arciprestado de Chantada (Chantada, Carballedo, Taboada).

Estes actos contribúen a que todos os diocesanos vivan dunha maneira concreta a comuñón eclesial, celebrando unidos a fe.

Gran misión na praza Horta do Seminario, Lugo

Cartel Misión Neocatecumenal 2

O día 7 de abril a partir das 12 h comezan as misións que na praza Horta de Seminario se levarán a cabo durante os domingos de Pascua. O contido destes encontros será o das catequeses para a iniciación cristiá que o Camiño Neocatecumenal realiza nas parroquias. Levándoas á rúa, ofrécense a tanta xente que non vai polos templos e á que Xesucristo quere saír ao seu encontro.

En cada convocatoria, despois de facer cantos, e que algunha persoa conte a súa experiencia de fe, un catequista predicará unha das catequeses. A primeira, co título Quen é Deus para ti?, tratará cuestións como: motivos polos que crer en Deus, a súa axuda nas nosas vidas.

XXXV Xornadas Galegas de Pastoral da Saúde

Pastoral Saúde cor

Os días 6 e 7 de abril terán lugar no hotel Torre de Núñez unhas xornadas de formación destinadas a voluntarios, axentes de pastoral da saúde e persoas interesadas. O tema xeral é “Axudar a quen sofre”.

Programa 

Día 6

10:30 Oración inicial e presentación do cursiño

11:30 Conferencia 1ª: O bo samaritano e a Pastoral da saúde (1ª parte). Por D. Jesús Conde Herranz

13:00 Conferencia 2ª: O bo samaritano e a Pastoral da saúde (2ª parte) Por D. Jesús Conde Herranz

14:15 Xantar

16:30 Visita guiada á S. I. Catedral B. lucense

18:30 Eucaristía na Catedral presidida polo Sr. Bispo de Lugo

20:00 Conferencia 3ª: A Paixón de Cristo, manifestación do amor

Por D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo da Diocese lucense

22:00 Concerto. Coral do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

Día 7

10:00 Oración de Laudes

10:30 Conferencia 4ª. A parábola do bo samaritano, unha denuncia e unha invitación.

Por D. José Antonio González García

11:30 Descanso

12:00 Samaritanos no hospital (vivencias) Por D. Edelmiro Ulloa Rodríguez

13:00 Eucaristía

14:15 Xantar

15:30 Visita (opcional) guiada ao hospital novo de Lugo (HULA)

Últimos días para inscribirse nunha viaxe a Polonia

Viaxe PoloniaA promoción 1951-1963 de sacerdotes da Diocese de Lugo organiza unha viaxe a Polonia e Praga con motivo das súas vodas de ouro sacerdotais. O último día para inscribirse é o 15 de abril. A viaxe comezará o 11 e xuño e rematará o 19. É unha viaxe que se fai co lema “Tralos pasos de Xoán Paulo II” porque ademais de visitar capital Varsovia e o santuario de Czstochowa, vaise a Wadowice, onde naceu Wojtyla e a unha cidade Cracovia moi ligada el: o Palacio Episcopal, onde Karol vivía; a igrexa dos Franciscanos, o seu lugar favorito para orar; rúa Franciszkaska, coa famosa fiestra do Papa, desde onde Xoán Paulo II adoitaba falar coa xente nas súas peregrinacións a Polonia. E nos últimos días visítase o antigo campo de concentración de Auschwitz e a capital checa: Praga.

Xornadas de Cáritas para incentivar o autoemprego

Empregate

Cáritas diocesana de Lugo organiza os días 1 e 2 de abril unhas xornadas para que desempregados usen o autoemprego como alternativa laboral. Serán nos locais de Cáritas na avenida das Américas 93-97.

Programa de actividades do día 1 abril

10:00-10:15  Presentación Xornadas

10:15-11:15  Relatorio “O Ilímite”, a cargo de Iago Pérez Santalla, coach e educador.

11:15-11:30  Proxección  “O Emprendedor”

11:30-13:00  Historias reais. Exemplos de persoas que crearon o seu propio posto de traballo: restaurante mexicano La Capital Azteca; Froitas e Verduras Uxía, Cool School

2 de abril

10:15-11:15  Presentación Proxecto Emprégate

11:15-12:00  Redacción ideas de negocio.  Explicación dos distintos items do documento.

A %d blogueros les gusta esto: