Novena na honra da Virxe do Carme en Lugo

Entre os días 8 e 16 de xullo a Capela do Carme (Lugo) acolle a Novena na honra da Benaventurada Virxe do Monte Carmelo.

O día 8 predica a Novena o Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco. O resto dos días farao o sacerdote de Santiago a Nova, Daniel Gil.

Horario

Haberá misas todos os días ás 9 da mañá e ás 19,30 h rosario, novena e misa.

O día da patroa (día 16) haberá misas ás 9, 10, 11 e 12 h da mañá. A esa hora será a misa solemne e tras a súa conclusión quedará exposto o Santísimo. Pola tarde haberá rosario, novena e misa a partir das 19,30. Ao finalizar a misa haberá procesión.

O día 17 celébrase unha misa ás 19,30 h polos confrades defuntos.

Durante o mes de xullo a capela permanece aberta todos os días da semana excepto os luns en horario de 11 a 13 e de 17 a 20 h.

Noite coral lucense

O sábado 9 de xullo ten lugar a IV edición da Noite Coral lucense. Desde o ano 2018 vén celebrándose este circuíto nocturno de concertos por templos da cidade e o Círculo das Artes, concluíndo cun concerto final na Catedral.

20.30 h Igrexa de S. Pedro- Orfeón Lucense

21.10 h Igrexa de S. Froilán – Grupo vocal Solo Voces

21.50 h Igrexa de Santiago A Nova – Coral Hospital de Lugo

22.30 h Círculo de las Artes- Gruppo Vocale S. Bernardo

23.10 h Catedral de Santa María – Todas as corais e máis Quarteto di Brescia (trombóns), Nicolás Varela (órgano) e Giulio Mercati (director).

[Programa e información sobre os intérpretes]

Suspendida a peregrinación diocesana a Fátima

A Xunta Directiva da Hospitalidade Diocesana da Nosa Señora de Lourdes de Lugo, informa a todos os seus socios e colaboradores que, debido á actual realidade sanitaria e os informes recibidos do Santuario portugués de Fátima, decidiu suspender a anual peregrinación diocesana a Fátima, na data en que estaba programada, primeira semana do mes de setembro.

Desde a Hospitalidade Diocesana da Nosa Señora de Lourdes de Lugo recomendan vivamente a socios e peregrinos, a maior relación posible entre todos, e dun xeito especial con aquelas persoas que vivan soas ou teñan algún problema que as faga depender dos demais ou carecen de saúde.

Curso de Música Litúrxica

O V Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi celébrase do 6 ao 10 de xullo en Lugo. Está organizado pola Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico da Diocese de Lugo e polo Centro Eucarístico Lucense.

Trátase de contribuír á formación musical e litúrxica daqueles músicos que realizan distintas funcións no ámbito da música sacra: directores de formacións vocais, organistas, cantores, monitores, etc.

O curso está dividido en tres modalidades: canto, dirección coral e órgano. Cada modalidade comprende a materia específica da especialidade e outras comúns, que complementan á principal que serán impartidas polos seguintes docentes:

– Liturxia: Abraham Sánchez Pujante

– Gregoriano: Luis Varela Castiñeira

– Técnica vocal: Lidia Basterrextea Vila

– Órgano: Giulio Mercati

– Dirección de coro: Fernando Gómez Jácome

[Máis información]

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

O domingo 26 de xuño ás 12 horas na Catedral ten lugar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Este ano correspóndelle presentar a Ofrenda ao Alcalde de Santiago e responde o Arcebispo compostelán. Conmemóranse os 350 anos da celebración da primeira cerimonia da Ofrenda do Reino de Galicia.

Haberá unha alfombra floral na praza de Santa María, realizada por unha asociación de fieis de Meira.

O grupo de música tradicional Os Xílgaros ofrecerá un amplo repertorio de danzas procesionais. A Marcha Procesional Antigo Reino de Galicia interprétase á gaita (Óscar Pérez) e ao órgano (Luis Varela Castiñeira).

O sábado 25 ás 20 h na Catedral son as Vésperas Solemnes da Oitava do Corpus, durante as cales interprétase musica gregoriana.

A Ofrenda retransmítese pola canle de youtube da Diocese.

O programa da TVG “Polo camiño da fe” do domingo 26 ás 9:45 h adicase á devoción existente en Lugo cara á Xesús Sacramentado.

A %d blogueros les gusta esto: