Xornada da Familia no santuario do Corpiño

O domingo 31 de decembro a Igrexa celebra a Xornada da Familia e no santuario do Corpiño tamén terá lugar o Xubileu das Familias, co seguinte horario:

  • 11:00 Saída do Santuario até igrexa San Pedro
  • 11:30 visita da igrexa de San Pedro e inicio do Camiño dous Pastorciños rezando o Santo Rosario
  • 11:50 chegada á Carballeira do Santuario, Bendición do Peregrino e entrada pola Porta Santa
  • 12:00 Santa Misa cantada polo Coro A Nosa Señora do Corpiño

Ao finalizar a Eucaristía, renovación do compromiso para matrimonios e comprometidos.

A renovación do compromiso terá lugar tamén ao finalizar a Eucaristía das 6 da tarde.

Exposición temporal “Os rostros dos santos”

 Até o día 8 de xaneiro de 2024 no Museo Diocesano Catedralicio de Lugo permanece a exposición temporal “Os rostros dos santos” que presenta, de forma inédita, unha colección de esculturas de santos e santas procedentes de diversas zonas da Diocese de Lugo, estando salvagardadas de forma habitual nos depósitos do museo.
Destaca a escultura de Eva realizada por Cornielles de Holanda na primeira metade do século XVI e que supón unha das xoias do Renacemento na Diocese de Lugo. Esta imaxe de Eva, de gran tamaño, pertence ao antigo retablo da Capela Maior, sendo sacada del na década dos 90 do século pasado, momento no que se restaurou o retablo.
Outras obras: Santo Andrés (Capela de San Roque), San Antonio (San Martiño de Monte de Meda), San Brais (San Salvador de Insua), Santa Lucía (San Martiño de Caraño), San Eleuterio (Santa María de Teixeiro) ou a magnífica peza do século XVII que supón o San Xoán Bautista de San Xoán da Pena.
Tamén se poden ver varias tallas de virxes dunha destacada beleza e procedentes de parroquias como Santa María de Outeiro ou da lucense Capela de San Roque, completando o catálogo dunha exposición temporal que inclúe tamén a escultura de pedra denominada “Dona do Conde de Vilas Boas”, peza doada por este conde en 1918.
Entre as actividades propostas para este evento organízanse visitas co comisario da exposición e director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, Marcos Calles, todos os luns, mércores e venres ás 12 do mediodía.
A entrada á exposición ou a participación nas visitas antes citadas non conleva un aumento do prezo con respecto ao habitual da entrada ao Museo Diocesano Catedralicio de Lugo.

Concurso de tarxetas de Nadal

A libraría La Voz de la Verdad convoca o XV Concurso de tarxetas de Nadal para alumnado de Infantil, Primaria e E.S.O. de Galicia. Serán tarxetas orixinais e inéditas en tamaño DIN-A4 sen pregar con técnica libre e soporte cartolina ou cartón pluma. Premios: lotes de libros, cheques-agasallo canxeables por libros, material escolar.

[Bases]

Concertos-testemuño de Rubén de Lis

 

O cantante Rubén de Lis fará esta semana unha xira por varios puntos da diocese de Lugo. Interpretará temas musicais e dará testemuño da súa fe.

Sábado 16 ás 10 h na prisión de Bonxe

Sábado 16 ás 18:45 h na igrexa de San Xoán de Becerreá

Domingo 17 ás 12:45 h dará un concerto solidario na igrexa de San Clodio de Ribas de Sil

A %d blogueros les gusta esto: