Encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico

O encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico terá lugar en Silleda-Corpiño o vindeiro 3 de decembro co seguinte programa:

  • 11:00. Acollida, oración e desenvolvemento do tema: “Igrexa en camiño. Testemuños para a misión”. Lugar: Salón parroquial, casa reitoral de Silleda

  • 12:30. Descanso

  • 13:00. Celebración penitencial na igrexa parroquial de Silleda

  • 14:15. Comida fraternal.

  • 17:00. Eucaristía no Santuario do Corpiño

É unha ocasión para reflexionar e orar xuntos, vivir e sentir como Igrexa e coa Igrexa.

A comida será nun restaurante de Silleda e o prezo do menú é de 15 euros; tamén desde Lugo ponse un servizo de autobús, o seu prezo é de dez euros, con saída ás 9:30 da mañá desde a Praza de Bretaña e regreso ao final do encontro.

É necesario apuntarse para a comida e o autobús antes do 1 de decembro nos teléfonos 982 21 42 65, zona de Pontevedra 639 45 49 47.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: