Eucaristía de acción de grazas e de intercesión polo novo Pontífice

Misa en la Catedral por el nuevo PapaA Catedral de Lugo acolleu o xoves, 14 de marzo, ás 20h. a celebración dunha Eucaristía de acción de grazas e de intercesión polo novo Pontífice. Estivo presidida polo bispo. Mons. Alfonso Carrasco Rouco, e concelebrada polo Deán e canónigos da Seo lucense e outros sacerdotes diocesanos. Durante a homilía, o Bispo de Lugo dixo que “ninguén esperaba a aquel a quen o noso Señor enviou como Papa, como sucesor de Pedro. Era un dos posibles candidatos, era cardeal, pero os cálculos humanos non o puxeran no centro de atención”. A continuación Mons. Alfonso Carrasco explicou as consecuencias que podemos extraer disto: “Deus pensa doutra maneira. Podemos ver polo tanto que o Señor coida do seu pobo. E a mesma sorpresa, a novidade que todos sentimos ante a presenza dun novo sucesor de Pedro fálanos diso. Damos pasos, como dixo o Papa, a Igrexa camiña. O Señor guía os nosos destinos e por iso queremos dar grazas. É unha certeza profunda que calma o corazón do home”.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: