Faleceu o cóengo D. Ubaldo Casanova

Despois dunha longa enfermidade, faleceu o día 29 de decembro D. Ubaldo Casanova Sánchez. Nacera na Parroquia de San Pedro de Rivas Altas o día 16 de maio de 1930. En 1942 ingresou no Seminario Menor de Lugo onde estudou Latín e Humanidades; en 1947 traslada a matrícula á Universidade Pontificia de Salamanca onde estuda Filosofía e Sagrada Teoloxía, obtendo a Lic. na devandita materia en xuño de 1956. Posteriormente, é ordenado sacerdote o día 8 de xullo de 1956 polo Dr. D. Miguel Nóvoa Fuente, Bispo Titular de Chytri e Auxiliar de Santiago de Compostela. O 18 de outubro do mesmo ano foi nomeado ecónomo da parroquia de Bolmente (Sober), cargo que desempeñou até setembro de 1970 para ser designado profesor e prefecto de disciplina no Seminario Menor. En outubro do ano 1961 o Bispo D. Antonio Ona de Echave destínao tamén como profesor do Seminario Maior impartindo alí Psicoloxía Experimental e Cosmología. En xuño de 1959 obtivo o grao de Doutor en Filosofía tamén na Pontificia de Salamanca.


En 1965 é nomeado Vocal da Comisión Diocesana de Liturxia e en 1966 profesor de Relixión do Instituto Masculino de Ensino Medio de Lugo. En outubro de 1971, despois das respectivas oposicións á Canonxía de Prefecto de Sagradas Cerimonias na S. I. Catedral de Lugo, é designado para este cargo e nomeado tamén Delegado Diocesano de Liturxia. En 1979 foi profesor numerario de Relixión no Instituto de Ensino Medio Ánxel Fole.
Desempeñou ademais os seguintes cargos: foi membro do Consello Presbiteral Diocesano, do Consello Diocesano de Asuntos Económicos e da Comisión Permanente do Consello Diocesano. Era un sacerdote moi intelixente e gran traballador, de bos costumes e trato afable.  Descanse en paz.

Deixa un comentario

%d bloggers like this: