Infancia Misioneira 2021

A Xornada da Infancia Misioneira celébrase en España o 17 de xaneiro, segundo domingo do tempo ordinario.

Infancia Misioneira é unha rede internacional de nenos que, coa súa oración e achegas económicas, axudan aos misioneiros no seu traballo coa infancia. Con esta Obra Pontificia, os nenos fanse protagonistas da misión e apoian aos misioneiros para que máis de catro millóns de nenos nas misións poidan acceder á educación, a saúde, a protección da vida, e a fe.

E todo como froito dun proceso de formación misioneira.

O diñeiro recadado en todo o mundo pasa a formar parte dun Fondo Universal de Solidariedade, desde o que se distribúe para proxectos infantís das 1.115 dioceses que son consideradas Territorios de Misión. En 2020 financiáronse 2.800 proxectos que lograron que millóns de nenos:

  • Teñan un refuxio onde vivir

  • Poidan comer e xogar e non teñan que traballar

  • Reciban catequese e saiban que son queridos por Xesús

  • Teñan medicamentos e alguén que lles cure

  • Poidan aprender a ler, teñan unha escola e libros

  • E aprendan a ser eles tamén misioneiros

[Materiais]

Día dos catequistas nativos e do IEME

Todo os proxectos misioneiros, todas as loitas, todas as oracións e liturxias, deben levar a unha entrega maior en favor da vida “para que todos teñan vida”. É esta a tarefa de misioneiros, catequistas, comunidades na misión, e tamén en España:  obrar como Xesús que veu para que todos teñamos vida, e ademais quere que esa vida sexa plena, sexa abundante, sexa digna (Xn 10,10).

En España, hai 100 anos, en decembro de 1920, créase un centro de formación de curas misioneiros, que irán marchando para América e África, onde se manteñen até o presente, organizados como Instituto Español de Misións Estranxeiras (IEME). Sempre situados entre os máis pobres e os máis abandonados deses países, e coa mochila lista para marchar a outra parte, cando as comunidades alcanzan a madurez necesaria.

Na Festa da Epifanía, a Igrexa comprométese a prestarlles todo o seu apoio tanto aos catequistas nativos como aos sacerdotes misioneiros do IEME.

[Guión litúrxico]

Programa “Envellecemento activo”

Ponse en marcha novamente o programa Envellecemento activo nesta ocasión a través de videos para desenvolver talleres sobre maxia, memoria emocional, benestar psicolóxico, nutrición. Organiza o Instituto da Familia de Ourense e colabora o Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

Os talleres que conforman o programa son os seguintes:

– Talleres de Acompañamento no desenvolvemento da creatividade e a imaxinación a través da maxia (6 vídeos)
– Talleres sobre nutrición: Desenvolvemento do autocoidado persoal e alimenticio. (3 vídeos)
– Talleres de coaching: desenvolvemento de memoria afectiva e narración autobiográfica positiva (8 vídeos)

Estes vídeos destinados a maiores de 65 anos residentes en Galicia, teñen unha duración breve (entre 3 a 6 minutos), moi visuais, pedagóxicos e sinxelos de entender para que os participantes poidan levar á practica.


Pod Para máis información e inscribirse, chamar ao 988 37 46 46 de luns a venres: 9 – 13:30 e 16:30 – 20. Ou no correo electrónico: 
info@institutodafamilia.es .

Xornada da Sagrada Familia

Os anciáns, tesouro da Igrexa e a sociedade” é o lema da Xornada da Sagrada Familia 2020 que se celebra o domingo 27 de decembro. A Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida editou os materiais para preparar esta Xornada.

Os bispos da Subcomisión asinan un nota na que destacan que na tradición da Iglesia hai unha bagaxe de sabedoría que sempre foi a base dunha cultura de proximidade aos anciáns, unha disposición ao acompañamento afectuoso e solidario na parte final da vida.

Coa mirada posta na pandemia do coronavirus, os bispos lembran ás numerosas vítimas, entre elas, “ocupan un lugar privilexiado os nosos maiores”. De maneira especial, sinalan, “ esmeremos os nosos coidados polos anciáns que aínda están enfermos”.

O día 27 de decembro ás 13 h celébrase o Día da Sagrada Familia na Catedral de Lugo cunha Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Haberá unha petición especial polos matrimonios que fagan o seu aniversario de voda.

Xornada de xaxún e oración para pedir ao Señor que inspire o coidado da vida humana

Os bispos españois convocan aos católicos a unha Xornada de xaxún e oración o mércores 16 de decembro, para pedir ao Señor que inspire leis que respecten e promovan o coidado da vida humana. Convídase a cantas persoas e institucións queiran unirse a esta iniciativa. No lugar da eutanasia hai actuacións acordes coa verdade e a xustiza, como o coidado integral que alivia a dor, consola e ofrece a esperanza que xorde da fe e dá sentido a toda a vida humana.

[Resumo da nota da Conferencia Episcopal Española sobre a lei da eutanasia]
A %d blogueros les gusta esto: