Xornada da Pastoral da Saúde de Galicia

pastoral saúde

As Delegacións de Pastoral da Saúde das Dioceses galegas organizan a XVI Xornada de Formación para Capeláns e axentes de pastoral dos Servizos Relixiosos de Hospitais e Residencias.

Terá lugar o luns 26 de xaneiro, na de Casa de Exercicios Espirituais de Santiago (zona Campus Sur), de 10 a 14h

O conferenciante será D. Jesús María Fernández Rodríguez, sacerdote diocesano de Tui- Vigo. Presidirá a Xornada D. Alfonso Carrasco, Bispo responsable da Pastoral da Saúde nas dioceses galegas. Tamén estará presente o Director do Departamento de Pastoral da Saúde da CEE, D. Jesús Martínez Carracedo.

Luis de Trelles, máis preto dos altares

Luis de Trelles

En 1994 iniciouse o proceso de beatificación, e o día 23 o Papa dá un paso importante coa aprobación dun decreto de virtudes heroicas de Luis de Trelles. Para que unha persoa sexa beatificada, o primeiro dos pasos é o das virtudes heroicas, (en canto se publiquese o decreto, Trelles será considerado venerable) e o segundo é declarar probado que Deus realizou un milagre pola súa intercesión.

Luis de Trelles e Noguerol, natural de Viveiro, foi dunha xenerosidade exemplar: na III Guerra Carlista, librou da morte ou do cautiverio a máis de 20.000 prisioneiros. Con iso adiantouse ao dereito Humanitario Internacional en máis de 50 anos.

Desde a fundación da Adoración Nocturna en España, Trelles dedicouse totalmente, a promover e organizar a obra, (abriu máis de 50 centros), ata a súa morte en 1891.

Mans Unidas Lugo coa acción “Acende unha chama”

Mans Unidas Lugo 24h

Un nutrido grupo de cidadáns lucenses participaron na Concentración Solidaria, que o xoves 30 de outubro, ás sete da tarde, tivo lugar diante do Concello de Lugo. Acendéronse velas, previamente entregadas aos presentes, para identificar a luz como un impulso para o compromiso solidario polo desenvolvemento, a xustiza e a igualdade.

A presidenta – delegada de Mans Unidas Lugo, Amalia Hermida, en presenza dos cidadáns e do alcalde de Lugo, lembrou os programas que a organización humanitaria leva adiante en todo o mundo.

II Encontro interdiocesano de Pastoral Penal

Encontro pastoral penal

O 4 de outubro a Casa de Exercicios de Santiago de Compostela acolle un encontro de organizadores e colaboradores da pastoral penal de Galicia.

Planificación da xornada

10:00 Entrega de material

10:15 Oración e presentación das Xornadas a cargo do bispo auxiliar de Santiago Mons. Jesús Fernández González

10:30 Enfermidade e excusión na Biblia por D. José Antonio González García, biblista

11:30 Descanso

12:00 A enfermidade mental no cárcere por Dª. Carmen Suarez, médico que traballa fundamentalmente cos enfermos psiquiátricos e internos en réxime pechado.

14:00 Descanso-Comida

16:00 A progresión a terceiro grado por D. Javier San Claudio. Xuíz de Vixilancia Penal da Coruña

17.00 Mesa redonda: Con todos os relatores e con Dª. Carlota Díaz Alvariño, Psicóloga de Morea.

18:00 Clausura a cargo de D, Jesús García Vázquez, Delegado de Cáritas de Santiago.

A xornada está aberta á participación de todos quen se mostren interesados por coñecer a realidade da Pastoral Penitenciaria, e queiran profundar sobre este tema.

A %d blogueros les gusta esto: