Encontro Mundial das Familias

Do 21 ao 28 de agosto, a Delegación de Pastoral Familiar da Diocese de Lugo, xunto coas Delegacións de Apostolado Segrar e Pastoral Familiar da Arquidiocese de Santiago organizan a asistencia ao Encontro Mundial das Familias 2018 en Dublín.

Os días previos ao Encontro aprovéitanse para coñecer Limerick e Kilkenny. Ademais, a véspera do regreso visitarase Irlanda do Norte (Belfast). Entre os días 24 e 26 de agosto, particípase no Encontro Mundial das Familias.

[Última das catequeses preparatorias]

[Programa]

Multifestival Laudato Si

 

O Multifestival Laudato Si é unha iniciativa xurdida fai tres anos, da colaboración do cantante arxentino, fincado en España, Marcelo Olima e o párroco de Adra (Almería), o padre Antonio Cobo. Desde o pasado ano, o festival dura todo unha fin de semana con presenza de artistas internacionais. Terá lugar do 23 ao 26 de agosto, en Adra (Almería), con charlas, obradoiros para músicos e evanxelizadores, oracións, celebracións e un gran concerto cada noite nas praias. Entre outros moitos artistas, estará a lucense Rosa Cruz, que terá as seguintes disertacións o venres 24 no Centro Cultural:

  • ás 11h: “Diferenza entre Ministerio de música e coro parroquial e a súa función”.
  • ás 17h: “A espiritualidade do músico”

16 de xullo, Nosa Señora do Carme e Día da xente do mar

A xente da mar navega entre as ondadas propias do seu oficio e entre as ondadas das inxustizas: salarios indignos, ausencia de sistemas de comunicación que permitan acurtar as distancias físicas cos seres queridos, traballos que se achegan a algo máis propio da escravitude, enfermos abandonados nos portos ou incumprimento das condicións estipuladas nun contrato.

Teñamos como estrela segura a María a Virxe do Carme, á que tan emocionadamente chamamos e cantamos tantas veces como Estrela dos Mares. Que o noso canto se prolongue no compromiso cristián coa xente da mar”.

Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo, Bispo Promotor do Apostolado do Mar

[Ver texto completo]

Xornada de responsabilidade no tráfico

Con motivo da celebración da festa de San Cristovo, patrono dos condutores, e o inicio das masivas vacacións do verán, a Comisión Episcopal de Migracións da Conferencia Episcopal Española, desde o Departamento de Pastoral da Estrada, saúda a todas as xentes relacionadas coa mobilidade humana: camioneiros, transportistas, taxistas, condutores de autobuses, de autocares, de ambulancias, bombeiros, Garda Civil e Policía de tráfico, confrarías de san Cristovo, asociacións de transportistas… Diríxense tamén ás persoas que cada día pasan boa parte do tempo ao voante por razóns de traballo, necesidade ou por ir de vacacións. Así mesmo aos motoristas, ciclistas e peóns que usan as vías públicas. A todos desexan a paz, a alegría e a bendición do Señor.

O 1 de xullo tamén se celebra a Xornada de responsabilidade no tráfico que neste ano ten como lema «E sabede que eu estou convosco todos os días», palabras de Xesús no Evanxeo de san Mateo (28, 21).

Ademais, o Departamento de Pastoral da Estrada está en plena celebración gozosa dos 50 anos de existencia, ou, o que é igual, medio século en camiño cos condutores e peóns como “Igrexa en saída”, que diría o papa Francisco, achegando o seu gran de area, para que a mobilidade polas estradas e rúas sexa un pouco máis segura.

Por este motivo, organízase unha peregrinación a Roma do 16 ao 20 de setembro de 2018 para todos os condutores que así o desexen. O punto central da peregrinación será o encontro co papa Francisco, escoitar a súa palabra e recibir a súa bendición.

[Materiais]

Solidariedade coa Igrexa universal

O día dos santos Pedro e Paulo é tamén a ocasión na que se lembra especialmente unha iniciativa de solidariedade que leva moitos anos poñéndose en práctica: o Óbolo de San Pedro. É a axuda económica ofrecida polos fieis de todo o mundo directamente ao Santo Padre para soster as obras de caridade da Santa Sé e as funcións dos organismos que colaboran no exercicio do seu ministerio pastoral ao servizo da Igrexa universal. Compartindo profunda e humanamente estes principios, a Santa Sé acollerá cada unha das donazóns que se efectúen. Compartir intencións, valores e o compromiso cara aos máis necesitados cos que cada fiel ha de cumprir cada día.

A %d blogueros les gusta esto: