Terceira sesión do Curso de formación en matrimonio e familia

Curso formación matrimonio e familia

O día 24 en Silleda tivo lugar a terceira sesión do Curso de formación en matrimonio e familia. A relatora principal foi Begoña Ruiz Pereda. Licenciada en Ciencias Relixiosas, Begoña Ruiz pertence á Fraternidad Seglar en el Corazón de Cristo e na Fundación Desarrollo y Persona  é responsable de Formación do proxecto educativo Aprendamos a amar. Begoña Ruiz ten interese en que a búsqueda de parella se faga con menos ansiedade e con máis liberdade.

No transcurso da súa intervención, referiuse a Adán e Eva e das leccións que se poden obter da súa vida:

“Ao descubrir a súa vocación ao amor, Adán ten a posibilidade de coñecer a Deus dunha maneira como antes non o coñecía. O home coñecía a Deus como creador (deu a vida), como lexislador (deulle a norma) pero non tiña unha intimidade forte no trato con Deus. Pero agora ao descubrir que o corpo sexuado chama á unidade da carne co outro e esta unidade non é simplemente algo físico senón que é espiritual, descúbrese como un don para o outro e viceversa. Descúbrese que Deus é a fonte de todo don, de todo amor.  Cando viven a súa vocación ao amor Adán e Eva, descobren que detrás da súa vida, detrás da súa vocación hai unha bendición de Deus. Por iso Deus fainos fecundos”.

Curso “Novas pobrezas” organizado por Arela e a HOAC

Curso formativo en Santiago de CompostelaA asociación Arela, en colaboración coa Hermandad Obrera de Acción Católica, organiza un Curso formativo baixo o título “Novas Pobrezas“, os días 24 e 25 de maio.

As ponencias do curso serán impartidas polo militante da HOAC Juan Francisco Garrido Jiménez, no Seminario menor de Belvís (Avda. Quiroga Palacios, nº 1, Santiago).

O custe do curso completo, incluíndo comidas e aloxamento no mencionado lugar, é de 30€/persoa. Hai un fondo de solidariedade se o prezo é un problema á hora de asistir.

Haberá un servizo de atención a nenos/as maiores de 2 anos, e tamén un programa de actividades para os menores que acudan cos seus pais.

Presenza dos Equipos de Nosa Señora en Galicia

Copia de ENS Galicia

      En Vigo desde fai máis de cincuenta anos; en Ourense desde cincuenta e en Lugo desde máis de vinte e cinco.

Que fan? Axudar ás parellas a descubrir as riquezas do sacramento do matrimonio e vivir a espiritualidade conxugal, tentando ser testemuñas  na Igrexa e no mundo.

Propóñense:

-Basear a súa vida matrimonial e familiar no Evanxeo.

-Coñecer mellor a vontade de Deus sobre o home e a muller para cumprila.

-Dar testemuño do amor de Deus a través da súa vida.

-Promover o matrimonio e a vida familiar na sociedade.

E os matrimonios reúnense en grupos ou equipos porque unidos axúdanse mutuamente no progreso humano e espiritual.

O pasado domingo, día 18, reuníronse en Ourense (foto superior) con motivo do 50 aniversario da implantación dos ENS naquela Diocese 150 matrimonios de toda Galicia.

Celebrouse unha Eucaristía na Catedral presidida polos Bispos  de Ourense e de Astorga (este consiliario nesta cidade antes de ser nomeado bispo) e, tras a comida compartida fraternalmente, houbo unha serie de actos nos que se conmemoraron os 50 anos de intensa vida do Movemento e da súa inserción na acción apostólica diocesana.

Na diocese de Lugo os ENS están presentes desde 1988.

Ler máis

XXXVI Curso Rexional de Pastoral da Saúde

Os días 10 e 11 de maio ten lugar o Curso Rexional de Pastoral da Saúde en Vila de Suso, Oia, co tema da “Fe e caridade”. Está destinado a todos os membros de equipos pastorais dese sector en Galicia e aberto tamén a todos os profesionais do mundo sanitario, voluntarios e demais persoas interesadas.

Entre outras actividades de convivencia destacan o relatorio inaugural O enfermo ó centro a cargo de Mons. José Luis Redrado, bispo que foi Secretario durante 25 anos do Pontificio Consello de Pastoral da saúde do Vaticano; o relatorio Fe e Caridade de Ana María García-Heras, directora do SIPS de Galicia e a mesa redonda A Caridade vivida. O día 11, o relatorio de clausura Evanxelizar ou mundo da saúde por Mons. José Luis Redrado. 

A %d blogueros les gusta esto: