Recomendacións dos bispos galegos ante o día de San Xosé

O 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2014 en Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.

Ante esta circunstancia, os bispos da provincia eclesiástica compostelá recomendan:

– Que os fieis que o 19 de marzo teñan xornada laboral ordinaria participen na Eucaristía, aínda que quedan dispensados do precepto.

– Que os sacerdotes faciliten un horario apropiado para iso.

– Que se dea publicidade a estas recomendacións e aos horarios de misas.

Presentación dun libro de Bernardo García Pintado

FotoBernardo García Pintado

Bernardo Recaredo García Pintado nace en Quiñones do Río (León) en 1934. Ingresa de moi neno no Mosteiro de Samos destinado xa para ir ao Mosteiro de San Benito de Buenos Aires e desde 1984 está no Mosteiro de Santo Domingo de Silos.

Presentou en Samos recentemente o seu libro Confesións dun monxe. O amor que namora. Bernardo mostra o seu periplo vital e relixioso, con curiosas anécdotas. Tamén trata temas fundamentais como o home, a vida, a morte, o amor e a fe. Son vivencias presentadas con verdade e con sinxeleza, por medio dunha narración fermosa e fluída. Destila optimismo e alegría de vivir e nótase que o autor fala co corazón. Sinala un camiño para atopar a paz, o equilibrio e a realización plena como persoa. 

Xornada interdiocesana de Pastoral Xuvenil

Xornada interdiocesana xuvenil

A Diocese de Mondoñedo – Ferrol toma o relevo a Lugo na organización este ano da Xornada Interdiocesana de pastoral Xuvenil. Será o 30 de novembro baixo o lema “Saír ás periferias existenciais dos mozos”.

Durante a xornada, destinada a axentes de pastoral, catequistas, sacerdotes, consagrados, e todos os que participan desta pastoral, haberá talleres relacionados con experiencias de anuncio e evanxelización: acollida cristiá no Camiño de Santiago, iniciativas de primeiro anuncio en parroquias urbanas, as experiencias de Ceas Alpha e un achegamento á natureza e manifestacións da nova era e novas espiritualidades presentes na sociedade. Esta última cuestión presentada por Lugo. 

Así mesmo proxectarase a película Un Deus prohibido, á que seguirá un taller sobre o cinema e a Nova Evanxelización coa presenza dos produtores da película.

Programa das xornadas formativas de Poio

Xornadas Poio

Martes 10 de setembro

12: Oración inicial e presentación das xornadas

12.30: 1ª relatorio a cargo do bispo de Málaga, Mons. Jesús Catalá Ibáñez sobre “A dimensión profética na Gaudium et spes“. Diálogo

16.30: 2ª relatorio. Por Mons. Jesús Catalá sobre “A dimensión profética da vida sacerdotal”. Diálogo

18:30 Obradoiros

  • Técnicas de comunicación e oratoria, D. Jesús Río Ramilo, cura de Quiroga

  • A evanxelización a través da arte, Dª Dolores Fraga

  • Modos de relacionarse cos medios de comunicación, Delegacións de Medios de Galicia

20.30 Vésperas-Eucaristía

Mércores 11

8.30: Laudes

10.30: 3ª relatorio, titulado “Un presbítero apaixonado polo Evanxeo nunha sociedade low cost“, por D. Luís Rodríguez Álvarez, párroco de San Pío X (Ourense). Diálogo

12.30: Obradoiros.  Pola tarde, excursión-convivencia

Xoves 12

8.30: Laudes

10.30: 4ª relatorio “Predicación da Palabra en foros especiais”, por D. Luciano Armas Vázquez, deán da Catedral de Lugo. Diálogo

11.30: Descanso

12: Mesa informativa sobre o Programa Omnes (xestión económica e pastoral da parroquia) e sobre a Escola de axentes de pastoral da familia, por D. Martiño Rivas, director do COF de Lugo

13.30: Clausura

A %d blogueros les gusta esto: