III Encontro Galego de Pastoral Penal

templo O 3 de outubro na casa de Exercicios Espirituais de Santiago (Ada. das Ciencias) terá lugar o III Encontro Galego de Pastoral Penal. Sairá un autocar da praza da Milagrosa (Lugo) ás 8:15 h. para quen desexe asistir.

O programa do Encontro é o seguinte:

10:00 Acollida

10:15 Oración. Monseñor Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense

10:30 Atención en prisión, reinserción e prevención: Padre Josep María Carod, director de Pastoral Penal da Diocese de Barcelona e Capelán do cárcere de mozos.

11:30 Descanso

12:00 Atención en prisión, reinserción e prevención: Padre Josep María Carod

16: 00 Mesa redonda:

  • D. Manuel Otero Fernández. Dto. de Penas Alternativas á Prisión de Lugo

  • D. Luís M. Bernadal, coordinador do Centro de orientación familiar da Diocese de Santiago

  • D. Raúl J. Membro de Alcohólicos Anónimos de Lugo.

  • D. Dionisio Rodríguez Martínez, funcionario da prisión de Teixeiro

Para máis información, dirixirse a D. José Río Ramilo, capelán do Centro Penitenciario de Bonxe.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: