Pregón da Caridade

Myriam García Abrisqueta 1O mércores 25 de maio o Círculo das Artes de Lugo acolleu a 25º edición do Pregón da Caridade, a cargo de Myriam García Abrisqueta, conselleira de designación episcopal en Cáritas Española, ex presidenta de Mans Unidas.

Segundo Myriam García, o compromiso que asume Cáritas ten 5 características:

1) poñer a dignidade da persoa nun lugar central,

2) defender os dereitos das persoas,

3) responsabilidade que nos une uns a outros,

4) traballar pola xustiza para ir contra as causas que orixinan sufrimento,

5) esperanza cristiá, perseverando no traballo

Na súa intervención foi glosando os compoñentes da palabra “compromiso”, que inclúe o concepto ‘adiante’. Concepto que a Myriam García traíalle á mente a imaxe da Virxe dos Ollos Grandes co Neno Xesús, ao que acaba de alimentar, entre as súas mans, moi preto do seu corazón, e coa mirada levantada. O Papa Francisco dicíalles aos membros do Comité Executivo de Cáritas Internacional que tivesen a esperanza mirando cara adiante, como a mirada da Virxe dos Ollos Grandes, unha mirada entrañable, que nace de dentro, que está chea de misericordia e de esperanza, na que cabemos todos. Esta é tamén a mirada de Cáritas.

Pregón Caridade público

Premiados no II Certame de Poesía Eucarística

 

Certame_poesía

O fallo do xurado do II Certame de Poesía Eucarística organizado polo Centro Eucarístico Lucense (LEC) é o seguinte:

A) Categoría adultos (maiores de 18 anos)
1º Premio: 600 € e a publicación da obra ao conxunto de poemas “Amor a ultranza” de D. Esteban Torres Sagra. (Úbeda, Jaén)
2º Premio: 350 € e a publicación da obra, ao poema “Cómo ser pan” de Dña. Mª Consuelo García (Lugo)
B) Categoría xuvenil (ata 18 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Recuerdo del más puro amor” de Ignacio Felpeto Criado. (Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Tu corazón me mira” de Tomás Córdoba Maginzali. (Lugo)
C) Categoría infantil (ata 15 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Cada día en la comunión” de Daniel Varela García. (Taboada, Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Comuñón” de Rebeca Roca Cruz. (Lugo)

A Eucaristía converteuse unha vez máis na protagonista de miles de versos que chegaron desde diversos lugares de España. O xurado destaca nesta convocatoria a cantidade e calidade dos poemas recibidos. E celebra a gran participación na nova categoría infantil, agradecendo a pais e profesores a súa enorme colaboración.

A entrega de premios será o 28 de maio ás 12:30h no Seminario.

Actos de Cáritas Lugo con motivo do Día da Caridade

O mércores 25 de maio terá lugar ás 20h no Círculo das Artes de Lugo o Pregón da Caridade, con motivo da celebración do Corpus Christi, que será o domingo 29. O pregón estará a cargo de Myriam García Abrisqueta, conselleira de designación episcopal en Cáritas Española, ex presidenta de Mans Unidas.

O xoves 26 de maio

Dende as 10:30 da mañá ata as 13:30 do mediodía, haberá en Lugo, mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

Ás 18:00 Acto da campaña educativa no que se entregarán agasallos aos nenos/as participantes no salón de actos do Seminario.

Ás 19:00 Realización de actividades para os nenos/as, organizadas polo Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo.

Domingo 29 de maio

Dende as 10:30 da mañá ata as 14:00 horas, haberá en Monforte, Sarria, Melide, Silleda e Lalín mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

Colectas nas misas de toda a Igrexa Diocesana.

Acaso debemos algo ós inmigrantes?

001

Ante o tema dos inmigrantes é fácil atoparse con posturas emocionais e impulsivas,  pero o adecuado é procurar actitudes xustas e sensatas.

Este artigo non é para distinguir os conceptos de inmigrante e refuxiado, porque todos se ven obrigados a saír do país sexa por guerra, persecución relixiosa ou política e ideolóxica, racismo, fame, miseria, catástrofe ecolóxica… Tampouco se vai analizar o feito de que a Unión Europea precisa 52 millóns de inmigrantes antes de 2060, segundo informe da Comisión da UE sobre política común de emigración do 17/06/08, se quere manter o nivel de protección social, especialmente as pensións, e non baixar o crecemento económico. Nin hai espazo para valorar as consecuencias positivas que poidan seguirse da mestizaxe cultural e xenética.

O obxectivo do escrito non é para explicar os dereitos que a Declaración Universal de Dereitos Humanos da ONU concede ós inmigrantes e refuxiados, como tamén llelos conceden outros convenios internacionais.

Simplemente imos a botar unha ollada parcial o tema da economía formulando o seguinte problema:

A) O posto escolar en España no ensino obrigatorio público costaba 5231 € anuais en 2013, segundo datos do Ministerio publicados na prensa o 28/02/16. En España no censo hai uns 5 millóns de inmigrantes. O ensino obrigatorio español consta de 13 cursos (3 de infantil, 6 de primaria e 4 de secundaria obrigatoria). Un inmigrante vén de adulto para traballar xa e non se ten que costear a súa estancia escolar. Por tanto, cantos euros en total lles deberíamos os españois ós países de onde veñen os inmigrantes? Ademais é certo que o migrante empobrece ó país de onde sae e enriquece no que entra.

B) A estes custos teríamos que engadir outros como son os sanitarios. Imos logo calculalos segundo esta valoración: A Seguridade Social inviste 1.500 € anuais nos primeiros cinco anos de vida, que baixaría a 500 dos 6 ós 18 anos. Por tanto, a canto subiría a débeda dos gastos sanitarios ós inmigrantes? E a canto ascende a suma dos gastos escolares e sanitarios?

Outro capítulo sería indagar no custo que supoñen os coidados maternos e familiares nos primeiros anos de vida.

Tamén está a súa contribución a mellora da produtividade no país. Igualmente habería que valorar o que gastan menos per cápita no uso do Sistema Nacional de Saúde, xa que veñen os máis sans e fortes, e xeralmente cobran menos de xubilación e ás veces nin a cobran.

Resolvendo estes problemas na escola os rapaces aprenderían xunto coas matemáticas a coñecer un pouco mellor a nosa realidade socio-histórica e terían unha máis adecuada valoración do seu país e do mundo.

No eido económico aínda quedan fóra cuestións relacionadas coa inmigración como a apertura de novos mercados, a saída de diñeiro do país, o desenvolvemento do transporte e das redes internacionais, o valor económico da imaxe do país, etc.

Dito todo isto espero que axude algo a aclararnos no tema de ¿quen debe a quen? cando falamos acerca do tema dos inmigrantes. Isto debería completarse cunha reflexión ética, á que facía referencia no artigo “Todos Somos Migrantes”.

Antón Negro

A %d blogueros les gusta esto: