Jaume Vives fala sobre a persecución a cristiáns en Iraq

Jaume Vives Vives

O xornalista Jaume Vives é autor de varios libros, entre eles El horror del Estado Islámico: Cristianos sirios e iraquíes refugiados en Líbano. Recentemente viaxou a Iraq para gravar un documental, Guardianes de la fe sobre a persecución que sofren os cristiáns neste país.

Desde o luns 25 ao xoves 28, está percorrendo os colexios da Diocese para falar co alumnado sobre estes temas e dar o seu testemuño, ademais de ter outras charlas abertas ao público en xeral:

Luns, día 25, ás 20.30 h no salón do Museo Municipal de Lalín.

Martes, día 26, ás 18.30 h na parroquia de San Froilán. E ás 20.30 no salón de actos do Seminario diocesano.

Mércores, día 27, ás 21 h nos locais da Delegación da Mocidade (Casa diocesana de Exercicios)

O xoves, día 28, Día da Paz. Ás 12h, na praza de Santa María concentraranse os alumnos dos colexios relixiosos e Jaume Vives diríxese a eles uns minutos para a continuación camiñar ata a porta da Misericordia da Catedral e ter un intre de oración no interior.

Peregrinación a Terra Santa

Peregrinac Terra Santa0001 copiar

O luns 25 ás 7 da tarde no salón parroquial de San Francisco Xavier preséntase a peregrinación a Terra Santa organizada pola parroquia. Estará Juan Fridman, xudeu con máis de 30 anos na profesión de guía e que participou na organización das viaxes de San Xoán Paulo II, Benedito XVI… a Terra Santa.

O programa da peregrinación que se fará en xullo desde Lugo é o seguinte:

Día 1 / 01 xullo Lugo – TeI Aviv

Día 2 / 02 xullo Tel Aviv – Haifa – Tiberiades

Día 3 / 03 xullo Tiberíades Cafarnaum Nazaret

Día 4 / 04 xullo Tibeiriades – Jerash – Monte Nebo- Madaba-Petra

Día 5 / 05 xullo Petra – Mar Morto

Día 6 / 06 xullo Mar Morto – Masada – Xericó – Qumram – Xerusalén.

Día 7 / 07 xullo Xerusalén

Día 8 / 08 xullo Xerusalén – Belén

Día 9 / 09 xullo Xerusalén

Día 10 / 10 xullo Xerusalén Betania

Día 11 / 11 xullo 2016 Xerusalén – Tel Aviv – Lugo

[Ver programa completo]

Xornada de Formación para os Servizos Relixiosos de Hospitais e Residencias

A XVII Xornada de Formación para os Servizos Relixiosos de Hospitais e Residencias, organizada polas Delegacións de Pastoral da Saúde de Galicia, terá lugar na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago o vindeiro luns 25 de xaneiro.

Esta Xornada está destinada a capeláns de Hospitais e Residencias.

O tema de fondo neste curso é o de María, icono da confianza e o acompañamento, pois María pode axudar a quen tantos acompañamentos fan.

Outro tema importante é a presenza no ámbito hospitalario e para reflexionar sobre iso estará D. Jesús López Nieto, avogado do Departamento de Asuntos Xurídicos da CEE.

Programa:

  • 10,00 -10,30: Presentación da Xornada e Oración.

  • 10,30 -12,00: Relatorio. Don Jesús López Nieto

  • 12,00 -12,30: Descanso.

  • 12,30 -13,30: Exposición das conclusións do Simposium sobre Hospitais. D. Jesús Martínez Carracedo .

  • 13,30 – 14,00 Diálogo cos relatores. Compártense material ou experiencias

  • 14,00: Comida.

  • 15,30 -16,30: Reunión do SIPS de Galicia.

Preside: Mons. Alfonso Carrasco, Bispo responsable da Pastoral da Saúde de Galicia.

Oración pola unidade dos cristiáns

Acto ecumenico en Lugo 2

O sábado 23 de xaneiro, ás 19 h, houbo unha celebración ecuménica na igrexa da Régoa, de Monforte de Lemos, na que participaron as comunidades evanxélica, ortodoxa e católica.

O domingo 24 de xaneiro, ás 17:30, a celebración ecuménica foi na parroquia de Santiago A Nova, de Lugo. O acto foi presentado polo párroco de Santiago A Nova, Luciano Armas, e polo Delegado de Apostolado Segrar, Alfredo Losada. Os comentarios das lecturas correron a cargo do sacerdote ortodoxo Radu Iacob, que falou de San Pedro, o pastor Marcos Zapata, para quen é necesaria a radicalidade (ir á raíz) e o sacerdote católico Mario Vázquez, que repasou as obras de misericordia. Despois, compartiuse unha chocolatada no local da igrexa evanxélica Boas Noticias.

Celebración da Infancia Misioneira

mpilar Durante esta semana a misioneira comboniana Pilar Sáinz Gomara, está mantendo encontros con nenos e maiores de toda a Diocese. É con motivo da xornada da Infancia Misioneira (24 de xaneiro) que en Lugo se encarga de organizar o Director Diocesano de Obras Misionais Pontificias, Jesús Santiago.

Pilar Sáinz naceu en Sevilla, formouse en Italia, estivo en Etiopía cinco anos e medio e en Ecuador 33 anos. Formou parte da Comisión de Coordinación da “Escola de Formación Misioneira” da arquidiocese de Quito en Ecuador. Esta Escola conta con centos de alumnos. Colaborou tamén na Comisión de Animación Misioneira da Conferencia Ecuatoriana. Ademais, foi Procuradora da Provincia de Misioneiras Combonianas, que abrangue Ecuador, Perú, e Colombia. Colabora na Delegación de Misións de Almería.

O luns estivo en Sarria, o martes 19 estará en Palas, o mércores 20 en Lugo, o xoves en Antas de Ulla e Melide, o venres e sábado en Lugo e o domingo 24 en Monforte.

[Información e recursos da Xornada da Infancia Misioneira]

 

A %d blogueros les gusta esto: