Acto conmemorativo da declaración como Patrimonio Mundial concedido pola Unesco aos Camiños do Norte

O mércores 29 de xullo en Mondoñedo ten lugar un acto oficial conmemorativo da declaración pola Unesco dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.

Ás 12:15 h na Praza da Catedral estarán o Administrador diocesano de Mondoñedo-FerrolAntonio Rodríguez Basanta, o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, o presidente da Xunta, Alberto Núñez, a presidenta da Deputación, Elena Candia, entre outras personalidades.

Nomeamentos para delegacións e parroquias

No organigrama da Diocese, son nomeados delegados as seguintes persoas:

Delegado Episcopal de Ensino e Catequese:  Manuel Areán Fernández

Delegado Episcopal para o Clero: Miguel Asorey Otero
Delegado Episcopal de Pastoral da Saúde: Jorge Vázquez Freire, Capelán do HULA
Delegado de Pastoral Vocacional e Delegado Episcopal para a Vida Consagrada: Marcos Torres Gómez
Director do Secretariado para os Camiños de Santiago: Francisco Moreiras Calvo.

Nomeamentos para parroquias. Agosto

Xoán Carlos Rodríguez Paradela: Fonteita, Santiago; Furís, Santo Estevo; Miranda, Santiago; Mirandela, Santo André

Manuel Rodríguez Álvarez: Mera, San Pedro.

Ramón Álvarez Varela: Retorta, San Romao; Retorta, Santa Cruz; Vilamaior de Negral, San Lourenzo.

Jesús Enrique Fernández Fernández: Barreiros, San Cosme; Masoucos, Santiago.

Abel Quiroga Gallego: Monte, Santa María; Recesende, San Cibrao

Alejandro Pin Díaz: Barredo, San Xoán.

Nomeamentos para parroquias. Setembro

José Pérez Barreiro: Manduas, San Tirso

José Katanga: Negreiros, San Martiño.

Manuel Otero Méndez: Esporiz, San Miguel; Bidouredo, Santiago; Fente, San Martiño; Pedraza, Santa María

José Luis Vázquez Coego: Estación-Monforte, Sagrado Corazón; Ribas Altas, San Pedro; Valverde, San Pedro; Parte, Santa María; Chavaga, San Pedro; Reigada, San Salvador; Bascos, San Martiño; Canedo, San Juan; Óutara, Santa María.

Antón Negro Expósito: Pobra do Brollón, San Pedro; Abrence, San Xoán; Castroncelos, Santiago; Castrosante, Santa Mariña; Saa, Santa María

Alberto Riádigos García: Pobra, San Xiao; Escoureda, Santa María; Vilafiz, Santa María; Muro, San Xoán; Ronfe, San Pedro; Maceda, San Pedro; Bande, San Pedro; Paradela, San Fiz

Óscar González Murado: Santa Comba, San Pedro.

Miguel Ángel Fernández Vilariño: Pena, San Xoán

 

Matrimonio e a unión de Cristo coa Igrexa

Oh Deus, que ao consagrar a unión conxugal lle deches un significado tan grande, que nela prefiguraches a unión de Cristo coa Igrexa. (Bendición Nupcial)

Todo sabemos que o verán é un momento propicio para a celebración de vodas. Porque nun dos acontecementos máis importantes na vida das persoas tamén se busca que o bo tempo acompañe.

 É normal que se forme algo de “barullo” antes e despois da celebración do sacramento. A xente está nerviosa e eufórica polo que non sempre se consegue ver ou comprender por que estamos dentro dunha igrexa celebrando a unión matrimonial dun home e unha muller.

E o cura que fai ese día? Un servidor tenta rezar mentres contempla as caras de todos (xunto co fotógrafo, somos os únicos que estamos a mirar de fronte aos noivos e aos convidados). E o que máis motiva a miña oración é o fragmento dunha das bendicións nupciais que encabeza estas liñas.

Non é calquera tipo de unión ou contrato. É unha imaxe da unión de Cristo coa Igrexa. É unha unión ao estilo de como Deus fai as cousas: unha entrega total para que o outro o sexa todo, renunciar a todo para que ao outro non lle falte nada. Deus entrégase totalmente, até a vida do seu Fillo. Os esposos renuncian a todo e entrégano todo.

É evidente que non son tempos fáciles, que estamos demasiado afeitos a que as cousas sexan caducas. Pero o proxecto de entregarse totalmente por unha persoa no matrimonio cristián, ou pola Igrexa na vida sacerdotal, non deixa de ser apaixonante polo que ten de inmensa xenerosidade.

Non se entende a entrega sacerdotal sen a presenza do Deus na vida do sacerdote. Sería un absurdo. Supoño que tamén é moi complicada a vida matrimonial se Deus non está no medio dos esposos.

Deus fainos dóciles e humildes. Deus convídanos a ser xenerosos e a entregarnos a El. Esta é a única forma de entregarnos totalmente aos demais.

Hoxe preséntolle ao Señor a todas as parellas que este ano casan na nosa Diocese. Encomendádeas nas vosas oracións.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Párroco de San Froilán

A nosa catedral

Catedral lucense

O día anterior á publicación da noticia sobre o recoñecemento da nosa catedral como Patrimonio da Humanidade, chamábame unha familia lucense desde unha provincia española para dicirme que estaban visitando unha catedral extraordinaria, e engadían: «A de Lugo comparada con esta, nada». Esa catedral á que eles se referían coñézoa e puiden celebrar nela en distintas ocasións. Tras un debate sobre o tema concluín, con dor e certa tristeza, o pouco que amamos o propio e canto sobrevaloramos o alleo.

Ao día seguinte da citada declaración sobre a nosa catedral, algunhas voces, afirmaban con desconfianza que o feito do recoñecemento aos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade non incluía necesariamente á nosa catedral.

O Bispado de Lugo, ante tales dúbidas, púxose en contacto coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e recibiu o seguinte informe: «A catedral de Lugo está incluída nominalmente e ten polo tanto consideración de Patrimonio da Humanidade. Isto vén ocasionado por ser monumento individual dentro da candidatura dos Camiños do Norte. Polo tanto consideramos que a catedral de Lugo vén de ser incluída na lista do Patrimonio Mundial da Unesco».

Ler máis

Acollida a peregrinos en Portomarín

acollida a peregrinos en Portomarín grupo de Madrid

O domingo 19 a mediodía conclúe unha actividade que varias delegacións de xuventude organizan desde o domingo anterior en Portomarín. Trátase de que xoves de Lugo e A Coruña, tras rezar laudes, e preparar os distintos servizos (Acollida salvaxe, Acollida entrada, Intercesión, Cociña e limpeza) reciben aos peregrinos que van chegando e invitándoos aos actos que programa a Igrexa:

– bendición no templo ás 13.30 h

– Encontro Musical vespertino

– sacramento da reconciliación

– Misa ás 20h.

A %d blogueros les gusta esto: