IV Concurso literario infantil-xuvenil “Fundación O Noso Lar”

Este Concurso literario infantil-xuvenil, ten como fin fomentar e promocionar a creatividade literaria dos nenos, rapaces e mozos. Os interesados en participar deberán facelo antes do 1 de maio.

Establécense os apartados seguintes:

a) Nenos ata 14 anos.

b) Rapaces de 15 a 18 anos.

c) Mozos de 19 a 25 anos.

O tema do traballo, a forma e o estilo son libres. En cada apartado, o 1º premio é de 200 euros e diploma e o segundo de 100 € e diploma.

Na entrega de premios, o domingo 31 de maio ás 17h na sede da Fundación O Noso Lar en San Román de Lousada, haberá un pequeno festexo e a lectura de traballos galardoados, que tamén serán publicados na revista O Noso Lar.

[Bases]

Carlos Collantes falou sobre a encíclica Redemptoris missio

Carlos Collantes

O luns 27 o Seminario Diocesano acolleu unha conferencia do misioneiro xaveriano Carlos Collantes sobre a encíclica Redemptoris missio,  publicada hai 25 anos para ratificar a validez do compromiso misioneiro. A idea de Xoán Paulo II era tamén que servise de estímulo para que a Igrexa espertase da súa apatía ante a esixencia misioneira.

Para Carlos Collantes, a misión é un desbordamento de amor de Deus, e quen saborea ese amor desexa que os demais experimenten o mesmo. Por outra parte, tamén é un servizo, pois o anuncio do Evanxeo desvélalle ao ser humano a súa identidade, tanto no aspecto individual como colectivo.

Carlos Collantes sinalou que unha conquista do Vaticano II é a de considerar a misión labor de todos.

Organizaron o acto as delegacións de Misións e de Apostolado Segrar.

Cadea de oración pola Vida Consagrada na igrexa de San Froilán

vixilia de oración en S Froilán

A igrexa de San Froilán, Lugo, acolle o día 29 a Cadea de oración pola Vida Consagrada. Nela participarán dúas das catro congregacións que pertencen á Parroquia de San Froilán: As Fillas da Caridade e as Irmás da Cruz. As Madres Agustinas farán a súa propia vixilia noutra data e a Alianza unirase á Parroquia de San Lourenzo de Albeiros.

Os relixiosos e relixiosas sempre rezan por todos nós. Agora invítasenos a que recemos nós por eles e que os acompañemos nese día.

A vixilia de oración do día 29 comezará ás 6:30 da tarde. Haberá Exposición do Santísimo, rezarase con textos de San Vicente de Paúl e de Sor Ángela da Cruz e escoitaranse testemuños de relixiosas das dúas congregacións.

Dez actitudes necesarias segundo a instrución pastoral “Igrexa, servidora dos pobres”

A Conferencia Episcopal Española publica o 27 de abril a instrución pastoral Igrexa, servidora dos pobres tras ser aprobada na súa 105ª Asamblea Plenaria.

Dez actitudes necesarias segundo devandita instrución pastoral son as seguintes:

1. A apertura á transcendencia pode formar unha nova mentalidade política e económica que axude a superar a dicotomía absoluta entre a economía e o ben común social. O Evanxeo ilumina o cambio e infunde esperanza.

2. Ser boa noticia para os pobres implica poñerse en actitude de conversión.

3. Os pobres non só serán destinatarios do noso servizo, senón motivo do noso compromiso, configuradores do noso ser e noso facer.

4. É moi importante unir acción e contemplación, loita pola xustiza e vida espiritual.

5. A Igrexa chámanos a un compromiso social transformador das persoas e das causas das pobrezas, que denuncie a inxustiza, que alivie a dor e e ofreza propostas concretas.

6. O medio máis eficaz de levar a cabo esta tarefa no ámbito social é, en primeiro lugar, o testemuño da nosa vida, sen esquecer o anuncio explícito de Xesucristo.

7. Os principais obstáculos para conseguir superar pobreza non son técnicos, senón económicos e políticos.

8. Non a esta economía que esquece aos que menos teñen, que os descarta. Non á indiferenza globalizada.

9. Agradecemento, polo esforzo tan xeneroso que fan institucións de Igrexa como Cáritas, Mans Unidas, Institutos de Vida Consagrada -que realizan un gran labor no servizo da caridade con nenos, novos, anciáns, etc-; e outras moitas.

10. Perseveranza: Malia a crecente desigualdade e as demandas cada día maiores que presentan á Igrexa os pobres, continuarase no esforzo por superar a situación e manter viva a esperanza.

[Ver documento completo]

V Congreso de Educadores Católicos

Congreso Educadores Católicos mesa

O 25 de abril no Gran Hotel Lugo tivo lugar o V Congreso de Educadores Católicos baixo o título “Educar na fe para a sociedade”. Estivo organzado pola Delegación de Ensino e a Delegación de Pastoral Universitaria, co seguinte programa:

9:30 Recollida de documentación

9:45 Oración

10:00 Conferencia: Cristianismo, escola e vida pública

D. Francisco Vázquez Vázquez, Ex Alcalde de A Coruña, Ex Embaixador de España ante a Santa Sé

11:30 Pausa café

12:00 Conferencia: Educar la inteligencia espiritual. Nuevos horizontes de la escuela a la ciudad, por Dª. Isabel Gómez Villalba. Profesora de Relixión no IES Miguel Catalá e no IES Virxe do Pilar de Zaragoza. Coordinadora do Equipo de Innovación Pedagóxica da Delegación Episcopal de Ensino do Arcebispado de Zaragoza

14:00 Xantar

16:00 Homenaxe ós nosos centros. Colexio A Asunción. Sarria. 50 anos modelando cidadáns cristiáns, por Dª. Cristina Massó de Ariza, Membro do Equipo de Formación de Profesores do Colexio A Asunción de Sarria. Superiora desta comunidade ata setembro de 2014

17:00 Conferencia: Escola e acción solidaria, por D. Antón Negro Expósito

Sociólogo. Crego. Delegado Episcopal de Cáritas na Diocese de Lugo

19:00 Avaliación

20:00 Clausura do congreso por Mons. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo

A %d blogueros les gusta esto: