Saír do habitual para despois atopar a Deus na vida cotiá

A semana pasada tiven uns días de descanso e a ocasión de volver contemplar a grandeza da creación mirando a inmensidade do mar e as aínda verdes cores da montaña. Deixar as actividades do día a día, poder estar cos amigos que ves menos veces e pasear sen ruídos artificiais tamén axuda a achegarse a Deus.

 Isto mesmo serve para outras dimensións da nosa vida. É importante atopar a Deus na vida cotiá, pois é onde empregamos a maior parte do noso tempo.

 Pero ás veces necesitamos saír do habitual, precisamente para poder atopar a Deus despois na vida de cada día.

 Non gañariamos nada “queimándonos” por un exceso de traballo ou de preocupacións. Necesitamos relativizar o que é relativo. Parece algo obvio, pero non sempre o facemos. Máis ben relativizamos o absoluto e absolutizamos o relativo. Parece un trabalinguas, seino. Tamén se pode dicir doutra forma: facemos o urxente e esquecemos o importante.

 Todo o tempo gastado en buscar a Deus non é perdido. É o mellor investimento que podemos facer. Porque con Deus a nosa vida terá sentido e os nosos problemas ocuparán só o seu xusto lugar.

 Deixo unha ligazón para escoitar unha canción que pode animarnos a buscar a Deus dunha forma nova. Espero que  guste. Titúlase “Si supieras como te amo”

Miguel Ángel Álvarez Pérez

 

Actividades en torno ao Camiño de Santiago

San Francisco de Asís

Parte das VII Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago desenvólvense esta ano baixo o título “A tradición da peregrinación de San Francisco a Santiago de Compostela. No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás 9,30h do día 18 a profesora de historia da arte Dolores Fraga Sampedro disertará sobre tradicións e imaxes relacionadas coa peregrinación xacobea do Santo de Asís. E ás 11h Francisco Singul encárgase do relatorio titulado “Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago”.

Camiño de Santiago+25 aniversario JMJ 1989”

Do 28 de xullo ao 7 de agosto, as delegacións de Xuventude das dioceses galegas, organizan esta actividade para rapaces e rapazas a partir de 14 anos. Farán o Camiño Inglés desde Ferrol. Os días cinco e seis de agosto participarán nos actos de XXV aniversario da JMJ 1989.

Acollida de peregrinos”

Portomarín acolle esta actividade organizada tamén polas delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia, do 17 ao 24 de agosto. Poden participar xoves a partir de catorce anos.

650 persoas peregrinaron ao santuario de Lourdes

Procesión Antorchas - 6

647 peregrinos, acompañados de 31 sacerdotes e a totalidade dos 18 compoñentes da Xunta Directiva da Hospitalidade,  viaxaron en doce autobuses a Lourdes do 30 de xuño ao 4 de xullo.

O lema do ano 2014 foi: Lourdes: a alegría da conversión

Saíron autobuses desde Lugo, Silleda-Lalín, Chantada, Escairón, Monforte, Poboa de Brollón, Sarria, Rábade, Viveiro, Terra Chaira, Meira, A Fonsagrada e Monterroso,

Nesta ocasión estiveron presentes todos os Formadores e Seminaristas Maiores, estes últimos portaron o paso coa imaxe da Virxe de Lourdes na Procesión Mariana dos Fachos. Foi importante actuación da representación diocesana na programación oficial de actos levados a cabo no Santuario Mariano da cidade de Lourdes durante todos estes días.

A nutrida representación xuvenil que acompañou este ano a peregrinación estaba composta por 32 nenos e mozos.

A peregrinación estivo presidida polo Vicario Xeral da Diocese de Lugo, D. José Mario Vázquez Carballo.

XX Campamento urbano de Cáritas

Campamento urbano cartel

 O Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas Lugo organiza o XX Campamento urbano do 14 ao 25 de xullo. A inscrición faise ata o 11 de xullo en Cáritas Diocesana de Lugo, avda. das Américas, 93, Lugo, teléfono 982 25 12 47. As actividades terán como lugar base o colexio María Auxiliadora e haberá deporte, xogos, obradoiros, excursión e festa. Están destinadas a nenos e nenas de 8 a 12 anos. O lema desta edición é “20 anos, 20 historias”.

A %d blogueros les gusta esto: