Miguel Ángel Álvarez: Unha vocación, unha entrega

Hoxe celebramos a festa de San Xoán de Ávila, patrón do clero secular español. En moitas dioceses de España, por este día, faise unha homenaxe fraternal aos compañeiros sacerdotes que cumpren 25 ou 50 anos de sacerdocio, anos de vocación e de entrega.

Deus chámanos a todos á vida para que a vivamos dunha forma concreta: no matrimonio, no sacerdocio, na contemplación, no servizo aos pobres e aos máis débiles. En definitiva, unha vida de entrega a Deus nos demais.

Hoxe celebramos as vodas de ouro de 12 sacerdotes da nosa Diocese, pero non só iso, con eles, e grazas ao seu humilde servizo, moitos lucenses tiveron, durante 50 anos, o alimento da Palabra de Deus e da Eucaristía que lles ofreceron as mans destes sacerdotes.

Por este motivo hoxe todos estamos de parabéns. É un día para festexar 50 anos de presenza de Deus nas nosas vidas, e para agradecer o don da fe, o don da vocación, e, en concreto, o don do sacerdocio.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Párroco de San Froilán

XXXVI Curso Rexional de Pastoral da Saúde

Os días 10 e 11 de maio ten lugar o Curso Rexional de Pastoral da Saúde en Vila de Suso, Oia, co tema da “Fe e caridade”. Está destinado a todos os membros de equipos pastorais dese sector en Galicia e aberto tamén a todos os profesionais do mundo sanitario, voluntarios e demais persoas interesadas.

Entre outras actividades de convivencia destacan o relatorio inaugural O enfermo ó centro a cargo de Mons. José Luis Redrado, bispo que foi Secretario durante 25 anos do Pontificio Consello de Pastoral da saúde do Vaticano; o relatorio Fe e Caridade de Ana María García-Heras, directora do SIPS de Galicia e a mesa redonda A Caridade vivida. O día 11, o relatorio de clausura Evanxelizar ou mundo da saúde por Mons. José Luis Redrado. 

Encontros formativos para segrares o 9 de maio

En Sarria ás 20:00h, nos locais da parroquia de Nosa Señora do Rosario (rúa Formigueiros, s/n), co tema da “Familia e educación dos nenos”, reunión dirixida polo matrimonio Rafa Veiga e Marian, membros do movemento de Laicos Xosefinos.

En Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abórdase o tema de “Actividade profesional e política como campo de actuación pública”, reunión guiada por Marta Rodríguez, mestra e membro de Arela. Este tema está encadrado na temática elixida, que ten relación co documento “Los católicos en la vida pública”, da Conferencia Episcopal Española.

Por último, tamén o 9 de maio, ás 20:30h, en Quiroga, no salón da parroquia de S. Martiño de Quiroga (rúa S. Martín de Abaixo, s/n), hai outra das reunión quincenais dun bo grupo de laicos da zona de Quiroga e San Clodio, acompañados dos sacerdotes Manuel Areán, Jesús Río e Manuel Cardenal, en torno a unha formación integral dos segrares e a un compromiso vivo na Igrexa.

Galería fotográfica do IV Congreso de Educadores Católicos

Co lema Educar para ser felices, o 3 de maio no Gran Hotel Lugo celebrouse o IV Congreso de Educadores Católicos, organizado polas Delegacións Diocesanas de Ensino e de Pastoral Universitaria. Abríu as xornadas a conferencia de  D. Benigno Blanco Rodríguez, Presidente do Foro Español da Familia. A continuación houbo unha mesa redonda sobre  “Experiencias Educativas”

  •  Proxecto Educativo dun colexio singular, historia e actualidade, Dna. Enyd Fernández López, Directora do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos
  •  Apuntes sobre o labor educativo de Cáritas-Lugo. 50 anos de historia Dna. Ana María Veiga González, do Programa de Infancia e Xuventude de Cáritas
  •  A ilusión polo educación dun sacerdote singular. D. Vidal López Ferreiro. O proxecto educativo do Colexio María Inmaculada. Historia e actualidade. D. Luis Fernández Eiré, Director do Colexio María Inmaculada de Silleda

Despois do xantar Xantar houbo unha sobremesa Máxica con Nacho e unha  homenaxe a educadores ilustres, para clausurar as xornadas ás  17:00 a a cargo do Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo, D. José Ramos Ledo e do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco

A %d blogueros les gusta esto: