II Xornadas de Formación para confrades

O martes, 8 de abril, ás 20,30 horas, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Este ano correspóndelle ao Vigairo Xeral e doutor en Teoloxía, Mario Vázquez Carballo, e o seu relatorio leva o título “Ser confrade hoxe na Igrexa no espírito do Papa Francisco”. O acto, organizado pola Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, está aberto a calquera persoa, sexa confrade ou non.

Conclúe o l curso “Operacións Básicas de Cociña” organizado por Cáritas

Curso cociña Cáritas 2

O 7 de abril conclúe o l curso “Operacións Básicas de Cociña” que comezara o día 10 de febreiro. Esta actividade está incluída dentro do Programa Operativo Plurirrexional de Loita contra a Discriminación no que participa Cáritas Lugo. O fin deste curso é formar a traballadores/as para desempeñar o labor de axudantes de cociña, mediante a aprendizaxe de módulos de formación específicos. Contouse coa colaboración da Asociación de Hostaleiros.

Última conferencia do ciclo “Occidente ante o século XXI” e pregón de Semana Santa

cAMINO-cAÑÓN

O 4 de abril ás 20h na Deputación Provincial de Lugo clausúrase o ciclo de conferencias que organizou a Xunta de Confrarías de Semana Santa sobre o tema dos valores. Esta última conferencia leva por título “Novos sucos para sementar esperanza” e será impartida por María Camino Cañón Loyes, da Institución Teresiana (foto esqda). Foi Vicerreitora da Universidade de Comillas.

A mencionada Xunta de Confrarías tamén programou, neste caso para o 5 de abril ás 20:30 no Círculo das Artes de Lugo, o pregón da Semana Santa, que corre a cargo do xornalista Manuel Silva García (foto dta). No mesmo acto actuarán os alumnos de Coro e Orquestra de Corda do Conservatorio Xoán Montes de Lugo.

Encontro interdiocesano de pastoral universitaria

III Encontro pastoral universitaria pra anosavoz.com

O 5 de abril terá lugar este encontro no Gran Hotel Lugo baixo o título “Fe, cultura e universidade. Lumen fidei

Programa

  • 10:00 Acollida

  • 10:30 Oración

  • 10:45 Relatorio-coloquio de Anxo Guerra, Biólogo e Investigador da UVIGO

  • 12:00 Café

  • 12:30 Mesa redonda

  • Excmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco (Bispo de Lugo)

  • Profesor D. Carlos Pajares Vales (Catedrático de Física de USC)

  • Profesor D. Anxo Guerra (Biólogo e Investigador da UVIGO)

  • D. Luís Daniel Failde García (Doutor en Veterinaria e Investigador da USC)

  • 13:15 Comida

  • 15:30 Visita á Catedral (“Un paseo polas nubes”)

A %d blogueros les gusta esto: