Miguel Ángel Álvarez: Visita Ad Limina, a proximidade do Papa

Bispo Lugo con Papa

Foi noticia. A finais de febreiro e comezos de marzo os bispos españois fixeron a Visita Ad Limina. É a visita que, periodicamente, fan todos os bispos do mundo ás tumbas dos apóstolos Pedro e Paulo, para atoparse co Papa e informalo da situación das dioceses que teñen encomendadas.

Non é algo novo, faise desde sempre. Pero na actualidade, e grazas á globalización dispoñemos de imaxes e detalles case ao instante en calquera lugar do planeta.

Independentemente dos formalismos, este tipo de actos, mostran de forma afable a unidade da Igrexa, así como a proximidade afectuosa do Papa con todos os fieis do mundo a través dos nosos pastores diocesanos.

Pola súa banda, os bispos, que viaxan á Cidade Eterna, lévanlle ao Santo Padre toda a vida diocesana: o bo e o malo. Por suposto, que tamén lle levan o afecto e a proximidade de cada un dos católicos que peregrinamos baixo a guía do Bo Pastor, do que o Papa é o seu vicario.

Hoxe dunha forma especial, do mesmo xeito que facemos sempre na celebración da Eucaristía, pedimos polo Papa, e polos nosos bispos. É bo para nós ter pastores santos, por iso encomendámolos ao Señor, para que todos, eles e nós, vivamos na perfección da caridade.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Semana Vocación-Misión no Colexio A Milagrosa

Entre os días 8 e 14 marzo celébrase a Semana Vocación-Misión no Colexio A Milagrosa (pza. do Ferrol, Lugo) baixo o lema Soñar cun mundo máis xusto e solidarioEste curso realízanse tres actividades:

Bocadillo Solidario: Durante esa semana véndense bocadillos para o recreo.

Rifa: Unha camiseta e un balón do Club Deportivo Lugo, asinados polos xogadores.

O recadado servirá para axudar aos alumnos con necesidades do Centro.

Tenda Solidaria: No salón do colexio hai unha tenda de artesanía para todo o público. O recadado ten como finalidade financiar os “almorzos de Haití” da “MISSIÓN JEAN GABRIEL PERBOYRE” que as Fillas da Caridade teñen en Gonaïves (Haití) para que os escolares poidan comer ao longo do día. 

Horario da tenda: Sábado 8 de marzo (11:30-13:30) (18:30-20:30)

Domingo 9 de marzo (10:00-14:00) (18:30-20:30)

Luns, martes, mércores e xoves (13:30-17:30)

Nomeamentos na Diocese de Lugo para a Delegación de Ensino e parroquias

A Diocese de Lugo fai públicos os seguintes nomeamentos:

Director da Delegación de Ensino, o profesor de Ensinanza Relixiosa Escolar do Instituto de Monterroso, Miguel Rico.

Celestino Rodríguez Raimúndez, Administrador parroquial de Vilaiz, Santiago e A Ribeira, San Martiño.

Ramiro Martínez Carballosa, Administrador parroquial de Ambasvías, Santalla; Castro, Santa María; Dorna, Santa María; Quindous, San Xusto e Vilaver, San Xusto.

Ramón Rodríguez González, Administrador parroquial de Cascallá, Santa María; Pedrafita de Camporredondo, San Xoán; Neira de Rei, San Miguel; Penarubia, Santa María; San Martín de Neira de Rei.

José Manuel Castro Alba, Administrador parroquial de Gondrame, (Santa María e San Vicente), Grallás, San Estevo; Reascos, Santa María e Ribas de Miño, Santiago.

David Gil Mato:

– Párroco de San Pedro de Láncara,

– Administrador de Toirán, O Salvador; Traslite, San Xoán e Vilaleo, Santa María.

José Luis Vázquez Coego, Administrador parroquial de San Pedro de Bande.

Marcos Torres Gómez, Administrador parroquial de Santa María de Donramiro.

Novena da Graza en San Francisco Xavier

Copia de Novena da Graza

Horarios da novena

Mañá: 7:30 Rosario e procesión

            8:00 e 12:00 Novena e eucaristía

Tarde: 18:00 Rosario

             18:30 e 20:00 Novena e eucaristía

Domingo: 10:00, 11:30, 12:30 e 18:30

Actos especiais

  • Día 5: Mércores de Cinza, imposición da cinza nas eucaristías.

  • Día 6: Unción de enfermos ás 16;30 h.

  • Día 8: Dedicado á Virxe, procesión de fachos despois da eucaristía das 20 h.

  • Día 9: Procesión desde o Barrio de Montirón ás 9:30 h.

  • Día 11: Celebración comunitaria do perdón ás 19:00 h.

  • Día 12: Veneración da reliquia do Santo nas eucaristías

Haberá confesións en todos os actos. A Novena retransmitirase por COPE Lugo.

A %d blogueros les gusta esto: