Carta de Ana, misioneira en Bolivia

O sete para os cristiáns é un número importante, polo simbolismo que encerra. Para min hoxe é o número de anos que cumpro en misión e invítame a facer unha revisión persoal.

Que pasou comigo neste tempo?

Coñecín, e sigo coñecendo unha cultura complexa e marabillosa, unha cultura que non che grita as cousas á cara, pero vaiche ensinando a ler a vida, no silencio, nos xestos… unha cultura que entende a amizade dun xeito distinto, pero se un se deixa sorprender descobre unha nova dimensión desta, e axúdache a ver cunhas novas lentes as relacións humanas. Unha cultura que vive o presente, porque non sabe se hai mañá. Unha cultura que sofre, e festexa a vida.

Coñecín o significado de grandes palabras na miña vida, que cría coñecer, pero realmente non era así. O seu significado profundo, tocou a miña alma, e cambioume como persoa.

Cría saber o que era a liberdade. Os privados de liberdade ensináronme a descubrir o seu valor e significado máis profundo -que ás veces as peores ataduras, non son as reixas, ou o encerro- senón os golpes da vida, que marcan a túa existencia.

Ler máis

Miguel Ángel Álvarez: A Evangelii gaudium vai dar moito que falar

O pasado 24 de novembro o Papa Francisco publicaba a exhortación apostólica Evangelii gaudium, a alegría do Evanxeo, documento que imos comentar.

Nas primeiras liñas da exhortación, o Papa dinos cal é o obxectivo da mesma: convidar os cristiáns a unha nova etapa envaxelizadora marcada pola alegría e indicar camiños para a marcha da Igrexa nos próximos anos.

Trátase, por tanto, dun texto que, despois de lelo, non deberiamos gardalo nun andel para sempre, senón que teremos que usalo con frecuencia durante os próximos anos, se é que nos tomamos en serio a nova evanxelización.

Xa estamos un pouco afeitos ao novo estilo e linguaxe deste Papa. Na Evangelii gaudium, Francisco recolle os ensinos dos seus predecesores, sobre todo de Benedito XVI, e ponnos as pilas, en todos os sentidos desta expresión, para saír ao mundo a comunicar a alegría do Evanxeo.

Ler máis

Exercicios espirituais para sacerdotes

Santiago Bohiges

A partir do día 12 e ata o 17 de xaneiro, terán lugar uns exercicios espirituais para sacerdotes.

O encargado de impartilos é o Rvdo. D. Santiago Bohigues Fernández, sacerdote da Arquidiocese de Valencia e Director do Secretariado da Comisión Episcopal do Clero.

É autor do libro titulado El corazón humano de Cristo. Líneas fundamentales del pensamiento del P. Luis M. Mendizábal, s.j. Editorial Monte Carmelo, Burgos 2009

Reunións formativas organizadas pola Delegación de Apostolado Seglar

O día 10 de xaneiro de 2014, ás 20:30, en Monforte de Lemos, nos locais da parroquia de S. Antonio (rúa Manuel María, s/n), abordaranse “Algunhas características significativas da nosa sociedade”, reunión dirixida por Alfredo Losada, Delegado de apostolado seglar.

E o vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2014, ás 19:30, en Melide, no salón da parroquia de S. Pedro (rúa Mateo Segade, nº 2), tratarase o tema “A familia de Nazaret”, dende claves bíblicas, reunión dirixida polo Delegado de Pastoral da Saúde e experto biblista, José Antonio Salgado. Estas reunións están enmarcadas na temática elixida, que durante este curso terá relación co documento “Los católicos en la vida pública”, aprobado pola Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española o 22 de abril de 1.986.

A %d blogueros les gusta esto: